As novas medidas de prevención definidas na orde do 26 de xaneiro entraron en vigor esta noite, do martes 26 ao 27 mércores de xaneiro.
Estas medidas serán de aplicación ata o mércores 17 de febreiro inclusive e decretan o peche total da hostalería (bares e restaurantes). Só se permite servizo para recoller no local ou entrega en domicilio.
Estes son os puntos a destacar nas ordes publicadas:
3.10. Hoteis e aloxamentos turísticos.
- Estes establecementos poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados segundo a normativa vixente.
- A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.
- Poderán facilitar unicamente servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos.
- No caso de instalacións deportivas de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como piscinas o ximnasios, estas permanecerán pechadas.
- Medidas especiais para determinadas actividades.
Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Para máis información do decreto e a orde, poden descargar pinchando directamente:
- DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
- ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Comentarios