22/01/2021 Subvención para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021

Destinatarios: empresas de aloxamentos e hostelería (entre outros)

Investimento mínimo: 10.000 euros, o IVE non está incluído.

Contía da axuda: 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Prazo de solicitudes: remata o 15 de outubro de 2021

Prazo para executar e xustificar o investimento: 15 de setembro de 2022

Proxectos de aforro e eficiencia que poden ser obxecto de subvención as actuacións:

1ª Os investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.

2ª A renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.

3ª A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes que leven asociada unha redución anual de, polo menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.

4ª Os investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidores de enerxía do sector servizos, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

5ª Para contribuír á comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda e incluso a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético da empresa no tocante á análise dos consumos enerxéticos das actuacións subvencionadas.

Toda a info, anexo e modelos pinchando no enlace do INEGA

Comentarios

Leave a Reply