16/09 A Xunta ofertará cursos gratuítos para os niveis na hostalaría e amplía os grupos de persoas

En primeiro lugar, a Xunta publicou no DOG 179-BIS de hoxe a ampliación do número de persoas nunha mesa ou agrupación de mesas. Esta medida entrará en vigor o sábado 18 de setembro, e modifica:

-Máximo de 8 persoas non conviventes nunha mesa ou agrupación de mesa en interior e dun máxima de 15 persoas en terraza.

Ademais, esta tarde a Xunta de Galicia anuncia que ofertará cursos específicos e gratuítos esixidos co novo Plan de Hostalería publicado no DOG do martes pasado.

A Xunta de Galicia, en colaboración coas asociacións de hostaleiros, está a definindo o contido e cómo avaliar a súa superación, cuns requisitos que se darán a coñecer nos vindeiros días.

Estes requisitos daranse a coñecer nos próximos días e contemplarán os contidos da formación para que os establecementos Tipo 1c (unha cunchiña) e cunha duración de 2 horas. Os locais de Tipo 2c (dúas cunchiñas),  cumprirán, ademais, unha serie de requisitos adicionais cunha duración de 4 horas.

Todos os cursos a impartir para os profesionais do sector terán que estar revisados e avalados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade para poder obter a necesaria acreditación de nivel.

Para poder obter a acreditación do nivel, os cursos que reciba o persoal do sector terán que estar avalados por Sanidade.

Nas vindeiras xornadas informarase tamén das posibilidades para impartir esta formación e acreditar a súa superación, así como do momento no que comezarán a ser esixibles por parte da inspección de saúde pública, garantíndose en todo caso, un prazo razoable para que todo o persoal do sector poida realizalos.

 

Descargar a nota de prensa

Comentarios

Leave a Reply