16/02/2021 Actualización das medidas de prevención e protocolo de reapertura da hostalería

No boletín do luns 15 de febreiro a Xunta de Galicia fixo público o Decreto e a Resolución polas que establece a prórroga ata o 3 de marzo das medidas de prevención vixentes na Orde do 26 de xaneiro.

Polo tanto, continúa o peche perimetral individual por concello e as restricións de reunión para so os conviventes.

No referente a hostalería non houbo cambios, a excepción da apertura dos establecementos situados en áreas de servizo ou similar para uso exclusivo dos traballadores do transporte acreditados.

A Xunta de Galicia comunicou que está a traballar no Protocolo para a reapertura da hostalería cando as condicións sanitarias o permitan. Este protocolo, aínda en elaboración, estará baseado en tres puntos fundamentais:

  1. Seguridade no acceso aos establecementos. Será obrigatorio indicar no acceso ao local o aforo máximo permitido vixente.
  2. Seguimento dos posibles gromos. Estase valorando como implantar un sistema de rexistro de entradas dos clientes que permita o rastrexo de posibles contactos no caso dun positivo, declarando un gromo, identificando e illando os posibles contactos.
  3. Plan de control para garantir o máximo cumprimento das normas adoptadas co apoio dos concellos e das forzas de seguridade.

Tamén adiantaron que o proceso de desescalada das restricións sanitarias na hostalería avaliarase nas reunións do comité clínico unha vez analizada a tendencia da evolución dos datos epidemiolóxicos en cada área. A próxima reunión será o luns 22 de febreiro.

Por outra banda, a Xunta de Galicia informou que o II Plan de Rescate a autónomos, microempresas e o sector de hostalería será publicado esta mesma semana (máximo este venres).

No referente a outros sectores e actividades sí se introduciron algunhas modificacións na Orde publicada o luns 15 de febreiro. Estas medidas teñen diferentes datas de entrada en vigor:

A partir do mércores 17 de febreiro:

  • O comercio regresará ao horario habitual, tendo a limitación do peche ás 21.30h e o aforo limitado ao 50% (os centros comerciais pecharán os fins de semanais).
  • Apertura das instalacións deportivas ao aire libre para a práctica do deporte individual ou persoas conviventes e co uso da máscara. Tamén se retoma a competición federada autonómica.

A partir do luns 22 de febreiro poderase retomar a formación en centros educativos de réxime especial como escolas superiores, escolas de danza, centros autorizados de artes plásticas, escolas de música (excepto as actividades de instrumentos de vento e exercicios de canto).

No caso das clases universitarias en modo presencial restablecerase o 1 de marzo.

Comentarios

Leave a Reply