14/09 Publicación do novo protocolo para a hostalería

Novo plan de hostalería publicado no DOG Nº 177BIS do 14 de setembro:

Mantense para os dous niveis:

  • Apertura ata a 1:00h para os dous niveis.
  • Agrupación de 6 persoas no convivientes no interior e 10 en terraza.

 

NIVEL 1C (UNHA CUNCHIÑA)

  • Nivel básico de obrigado cumprimento para todos os establecementos.
  • Aforo en interior ao 50 % e 75 %  en terrazas.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local mediante os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na web do sergas de coronavirus ou na plataforma de Turespazo.
  • Os responsables dos establecementos comprométense a:
    • Dispor en formato físico a documentación que acredite as superficies empregadas para o cálculo dos aforos e mostrarán si autoridade o solicita.
    • Ter elaborado un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán e que sexa coñecido por todo o persoal. Este plan debe estar á disposición da autoridade sanitaria.
    • Asegurar unha distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupacións de mesas.
    • Os aseos deberá sinalizan a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de dúas veces ao día.
    • Adoptar medidas sobre a calidade do aire interior:
      1. Avaliación non continua: dispor de dispositivos medidores de CO2, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Realizar e rexistrar as medicións polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2.
      2. Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tarefas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire limpo e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.
      3. No caso de ter sistema de ventilación/climatización, deberá acreditar a certificación do seu mantemento periódico e da última revisión por parte de profesional autorizado.
      4. Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan, recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.
  • Referente ao traballador:
    • Máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas.
    • Asegurar 2 horas de formación aos traballadores segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. (Consulta realizada á Xunta sobre a formación: quen impartirá e os prazos).
    • Roupa de traballo específica.
  • Referente aos locais:
    • Dispor de hidroxel na entrada, aseos e outros puntos.
    • Dispor de itinerarios de circulación diferenciados.
    • Control da máscara obrigatoria para clientes.
    • Si se dispón de pagamento electrónico priorizar sobre o pago en efectivo.
    • No caso de carta física deberá permitir a súa desinfección.
    • Empregar manteis dun único uso. No caso de empregar mantel de tea cambiarase entre cliente e cliente e será lavado e desinfectado.
    • Produtos de autoservizo de uso individual como servilletas, aceiteiras, … evitarase o seu uso sucesivo entre clientes sen desinfección. Priorizase o uso de monodosis desbotables.

NIVEL 2C (DÚAS CUNCHIÑAS)

  • Aqueles establecementos que apliquen as medidas adicionais.
  • Aforo en interior ao 75 % e 100 % en terrazas.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local mediante os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na web do sergas de coronavirus ou na plataforma de Turespazo.
  • Permítese o consumo en barra:
    • De maneira indivual ou cun máximo de 2 convivintes ou integrantes dunha mesma burbulla, manténdose a distancia interpersoal de 1,50 metros.
    • Uso da máscara cando non se poida garantir a distancia co traballador.
    • Estará diferenciado o uso da barra: clientes e zona destinada para persoal traballador.
  • Os responsables dos establecementos comprométense a:
      • dispor en formato físico a documentación que acredite as superficies empregadas para o cálculo dos aforos e mostrarán si autoridade o solicita.
      • Ter elaborado un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán e que sexa coñecido por todo o persoal. Este plan debe estar á disposición da autoridade sanitaria.
      • Asegurar unha distancia de 1,5 metros entre clientes dunha mesa e da contigua.
      • Os aseos deberá sinalizan a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de tres veces ao día.
      • Adoptar medidas sobre a calidade do aire interior:
        1. Avaliación non continua: dispor de dispositivos medidores de CO2, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Realizar e rexistrar as medicións polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2. Recoméndase o uso de actuadores automáticos, no caso de sistemas de ventilación forzada, para a regulación da achega de aire no caso de superar as 800 ppm.
        2. Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tarefas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire limpo e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.
        3. No caso de ter sistema de ventilación/climatización, deberá acreditar a certificación do seu mantemento periódico e da última revisión por parte de profesional autorizado.
        4. Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan, recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.
  • Referente ao traballador:
    • Máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas. Disponer de máscaras FFP2 e ofrecelas aos traballadores (cambio cada 8 horas).
    • Asegurar 4 horas de formación aos traballadores segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. (Consulta realizada á Xunta sobre a formación: quen impartirá e os prazos).
    • Roupa de traballo específica.
    • Deberá ofrecerse aos traballadores a realización de probas diagnósticas periódicas cada 15 días. A frecuencia será cada 7 días no caso de que o nivel de restrición aplicable ao concello sexa alto ou máximo. A realización destas probas será  voluntaria para o persoal traballador, polo que se realizará soamente cando a persoa traballadora preste o seu  consentimento de acordo co establecido no artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais. A realización das probas  poderá ser efectuada polos servizos de prevención da empresa, con aplicación do establecido polo artigo citado, ou ben  polos mecanismos que habilite para o efecto a Consellería de Sanidade.
  • Referente aos locais:
    • Dispor de hidroxel na entrada, aseos e outros puntos.
    • Dispor de itinerarios de circulación diferenciados.
    • Control da máscara obrifatoria para clientes. Dotar de máscaras cirúrxica novas aos clientes en caso necesario.
    • Si se dispón de pagamento electrónico priorizar sobre o pago en efectivo.
    • Carta dixital, QR e taboleiro.
    • Empregar manteis dun único uso. No caso de empregar mantel de tea cambiarase entre cliente e cliente e será lavado e desinfectado.
    • Produtos de monodose en formato dun só uso.
    • Rexistro de clientes en comidas e ceas para o seguimento dos contactos antes casos positivos:
      -.Control dos asistentes de xeito manual o dixital. Debe contar coa información dun contacto por mesa: nome, apelidos, DNI e número de teléfono.
      -.O responsable gardará esta información durante a lo menos dun mes despois do evento para trasladar ás autoridades sanitarias e cumprindo as normas de protección de datos de carácter persoal.
    • Fomentar o uso de ferramentas como PassCovid e RadarCovid con carteis.

NIVEL DE SEGURIDADE:

  • Nivel aplicado no caso de que as autoridades así o decidan debido a situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
  • Aforo no interior do 30 % e do 50 % en terraza.
  • Horario de peche ao público será ás 23.00 h.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local mediante os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na web do sergas de coronavirus ou na plataforma de Turespazo.
  • Os responsables dos establecementos comprométense a aplicar as regras comúns recollidas no número 2 do presente plan.En especial, no caso da calidade do aire interior, non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2.  Co fin de manter unha boa calidade de aire interior recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.

 

NOTA SOBRE O OCIO NOCTURNO:

O ocio nocturno regularase por un protocolo (actualmente en elaboración) e a previsión e que entre en vigor a principios de outubro.

Comentarios

Leave a Reply