A Axencia de Turismo de Galicia abre o prazo para a presentación das solicitudes da Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)
A finalidade é potenciar a oferta turística galega, modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.
Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición no REAT):
- Establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticas e albergues turísticos (punto 55.1 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)
- Restaurantes (grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia) e debidamente inscritos e clasificados no REAT.
• Prazo de solicitudes: remata o martes 11 de marzo de 2025.
• Contía da axuda: entre o 40% e o 60%, sendo o máximo 60.000€ a percibir.
• Investimento neto admitido ata 100.000 €, o IVE non está incluído.
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2025.
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2025.
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal ou no tel. 981 54 63 64 e 981 54 74 05
Os investimentos subvencionables son:
• Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
• Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
• Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
• Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
• Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
• Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
• Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establecemento, facilita acadar puntuación como nesta subvención.
DOG 11/02/2025 Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)
DOG 11/02/2025 Extracto
Comentarios