O Concello da Guarda inicia o mes de agosto cunha ampla programación de actividades coma antesala ás Festas do Monte que terán lugar a partires do vindeiro luns. As Festas de San Caetano, o IV Galifornia Beat ou eventos deportivos coma o XVI Open de Tenis do Clube Codesal, as Carreiras Pedestres das Festas do Monte ou o Torneo de Hockey Liña das Festas do Monte.

Xoves 2 de agosto

As Festas de San Caetano abren este xoves a programación de actividades coa subida do Arco Floral, unha singularidade desta festa, que foi recuperada fai uns anos pola comisión de Festexos, realizarase ás 21:00h.

Venres 3 de agosto

Dentro da programación das Festas de San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do barrio e celebrarase unha sardiñada ás 21:00h, con posterior verbena a cargo do grupo América.
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

O IV Galifornia Beat arranca o venres ás 12:00h coa apertura da zona gastronómica coa asistencia de varios foodtrucks e un marketplace, un espazo reservado para todo aquel que desexe amosar o seu traballo, tanto artesanal, artístico coma empresarial, obradoiros, etc. Contará o Marketplace coa colaboración de Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos recadados serán destinados a organización do evento.

Ás 14:00h do venres abrirase a quenda para que todos os participantes nas diferentes modalidades realicen skate libre e coñezan as instalacións do Galifornia Beat, iniciándose ás 19:00h a primeira competición co Best Trick e ás 20:00 a «Batalla de Gallos», unha novidade desta IV edición que consiste no enfrontamento entre dous rapeiros(MC), onde cada un ten un minuto e o seguinte ten outro para facerlle a réplica ao primeiro. Valorarase a dificultade das rimas, o flow e a capacidade de réplica, contando cun primeiro e segundo premio.

Ás 21:00h arrancarán os concertos desta primeira xornada que correrán a cargo das bandas Glitter & Litter (Pontevedra), Crema (Gijón), Viva Belgrado (Córdoba), Kings of the Beach (Vigo) e unha gran afterparty nas Pozas, que porá o punto e final desta primeira xornada.

Durante a fin de semana ofrecense visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT).

Sábado 4 de agosto:

Dentro da programación das Festas de San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do barrio e pola noite verbena coas orquestras Zeltia e Ámbar.

O pavillón Antonino Torrón do colexio As Solanas acolle o tradicional torneo Festas do Monte de Hockey Liña, organizado polo clube local A Guarda Hockey Liña e coa colaboración da Comisión das Festas do Monte, a edición de este ano disputarase en formato triangular entre os equipos infantís de A Guarda Hockey Liña, Morcegos HL de Ourense e Vigo Blue Ringed. Así mesmo na categoría senior mixto o trofeo xogarase entre A Guarda Hockey Liña e Abuelos Team, conxunto formado por xogadores veteranos dos equipos da contorna. Ás 18:00h terán lugar as Carreiras Pedestres das Festa do Monte, que sairán dende a Alameda da Guarda.

Durante esta xornada o IV Galifornia Beat arranca de 10:00h a 11:00h coa apertura de inscricións para a proba de Street Sub 16, que se iniciará ás 11:00h e na cal a organización quere premiar á canteira, unha competición adicada especialmente aos máis pequenos con rondas eliminatorias de dous minutos onde o xurado valorará aos riders polo seu flow, trucos e orixinalidade.
Ás 12:00h do mediodía chegará a hora da WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais e ás 13:00h realizarase un concerto e sesión vemouth a cargo d do grupo de música os Lombardi(Portonovo) e sesión do DJ Nacho Saa(Vinilo set).
Entre as 14:00h e as 16:00h abrirase o prazo de inscricións para o resto de probas deportivas que se celebrarán pola tarde, iniciando esta quenda a de Open S.K.A.T.E. ás 16:00h, unha das probas máis técnicas onde os trucos e as acrobacias serán os protagonistas.
Ás 17:00h terá lugar o Open Street, onde se permite aos participantes un tempo libre para practicar facendo eliminatorias cun determinado tempo ata chegar ás finais.
Ás 18:00h arrancará a exhibición de Biketrial, modalidade onde cada rider ten que sortear diferentes obstáculos co mínimo apoio cos pés.
A Masterclass Break Dance chegará sobre as 18:00h, unha actividade para todas as idades, onde poderedes aprender os pasos básicos desta disciplina e ademais gozar dun agradable momento.
Ás 20:00h chegará o momento do Open Mini Ramp, unha proba que se realiza nun half con rondas individuais e na que os riders realizan trucos coma se dunha coreografía se tratase. Neste momento iniciaranse os concertos a cargo dos grupos Milhomes(A Guarda) e Fuzzil(Portugal).
Xa ás 22:00h realizarase a entrega de premios e posterior afterparty nas Pozas con Captain JailRock DJ.

Domingo 5 de agosto:

Dentro da programación das Festas de San Caetano ás 10:00h entrada no recinto de festas do Grupo A Boalleira, ás 11:30 Misa Solemne con sermón e procesión cantada polo Coro Parroquial. Remate coas tradicionais poxas a partires das 19:00h.

Tamén na xornada do domingo celébranse as finais e entrega de trofeos do XVI Open Club de Tenis Codesal e do I Open Feminino Concello da Guarda nas instalacións do Club de Tenis Codesal en A Pasaxe, Camposancos.

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e o domingo de 12:00h a 14:00h.