O Nadal chegou á Guarda e conta cunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A programación esténdese ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

O pasado martes día 18 de decembro a Alameda da Guarda acolleu a sesión inaugural da Pista de Xeo, instalada nun recinto cuberto. Escolares dos centros educativos da vila e varias asociacións e colectivos da vila acoden esta semana en horario de mañá para poder gozar desta Pista de Xeo, instalada por primeira vez na vila.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.A Concelleira de Turismo e Comercio, Montserrat Magallanes, amosou este martes a súa ledicia por que a Pista de Xeo sexa xa unha realidade na vila da Guarda, para que nesta época de Nadal veciños e visitantes podan gozar duns momentos de diversión, convidando á cidadanía a visitar esta instalación na Alameda da Guarda.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recordou que esta foi unha demanda dos veciños e comerciantes da vila nos pasados anos, e que este ano se poderá empregar durante todo o Nadal, dinamizando e servindo coma un atractivo máis para A Guarda.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

Cada entrada da acceso á pista de xeo da Alameda, que ten unhas dimensións de 20m x 10m e cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans.

O horario de Luns a venres é de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios ou empresas que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

O Nadal chegou á Guarda e contará cunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A programación esténdese ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

O vindeiro martes día 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

O vindeiro martes día 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.Cada entrada dará acceso á pista de xeo da Alameda, que ten unhas dimensións de 20m x 10m e cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans.

O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

O vindeiro martes día 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal e continúa cunha ampla e variada programación de actividades, entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata o 6 de xaneiro, A Guarda vive a maxia do Nadal.

Tamén o pasado 5 de decembro publicouse na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar o xoves 13(en horario de 15:00 a 18:00h) e o sábado 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende este mércores 11 asociacións e colectivos da vila encargáronse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade “Decora o teu Nadal”, unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila, algo que está a espertar o interese dos transeuntes.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h. Rebeca González, mestra de Educación Infantil do CEIP As Solanas e coordinadora de Bibliosolanas contará o conto “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”. Ao remate, cada neno o nena que asista levará un conto en préstamo da Bebeteca a súa casa durante o Nadal. Os nenos e nenas que asistan e aínda non teñan a tarxeta de préstamo da Biblioteca, poden levar unha folla de inscrición para obtela.

A Bebeteca é unha sección de libriños especialmente pensados para que as familias podan iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. Idade: 0 -3 anos e 3 -6 anos.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

O vindeiro martes 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo que terá unhas dimensións de 20m. x 10m., o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes.

Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

A programación de actividades arrancan xa o venres 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reló, dende as 20:00h contarase con animación de rúa a cargo de Barafunda cos espectáculos “A xogar cos Trasnos” e “Lolo Globotolo”. “A xogar cos Trasnos” é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e moita diversión. “Lolo Globotolo” é o pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos, un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público sentirase parte integrante do espectáculo, ideal para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

Tamén o 5 de decembro publicarase na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicarase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os días 10(en horario de 20:30 a 22:30h) e 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende o mércores 12 de decembro 11 asociacións e colectivos da vila encargaranse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade “Decora o teu Nadal”, unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acollerá un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.O martes 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

O Xoves 20 de decembro ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario do Concerto de Nadal do Conservatorio no que se contará coas actuacións do Coro do Conservatorio, actuacións musicais dos alumnos de grao elemental, da Banda de Iniciación e da Agrupación Musical da Guarda.

O Venres 21 de decembro a partires das 20:30h o Centro Cultural da Guarda acollerá o Concerto de Nadal de Pandereteiras, unha cita coa música máis tradicional onde cada grupo tocará unha peza tradicional e unha panxoliña ou cantar de Reis. Contarase coas actuacións de grupos da Guarda como Carainas, Coiro Vello, Paliqueiras, Tambaluca, Pandereteiras do Lusco ó Fusco, Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, Caramuxiñas e Arghaceiras do Muño.

O Sábado 22 de Decembro a Charanga “Vaia Panda” será a encargada de animar e dinamizar as rúas da Guarda de 11:00h a 13:00h, momento en que moitos veciños aproveitan para facer as compras de Nadal.

Tamén na xornada do 22 de decembro, ás 11:30h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha sesión de “Contos Contados” adicada ao Nadal, onde nenos, nenas e familias contarán os tradicionais contos dos avós, ademais de participar nun obradoiro para decorar a árbore de Nadal da Biblioteca.

Xa pola tarde, ás 17:30h deste sábado día 22, o Centro Cultural será o escenario da proxección de Cinema infantil “Coco”, a historia dun neno que quere ser músico, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

O domingo 23 de decembro a Igrexa Parroquial acolle dende as 17:00h o tradicional Concerto de Panxoliñas no día previo á noite de Nadal, un evento musical que contará nesta edición coa actuación da Coral Polifónica da Guarda, o Grupo Antorcha, o Coro Infantil dos PP. Somascos, o Coro Arpegios Cantábile e a Coral da Terceira Idade.

O Mércores 26 de decembro a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil “Decora o teu Concello” no que nenos e nenas da vila participarán na decoración de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

O Xoves 27 de decembro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo “Do Lusco ó Fusco” de 11:00h a 13:00h, unha maneira de dinamizar e incentivar as compras na vila, ademais contarase con chocolate quente de balde para todos os que visiten o Mercado da Praza de Abastos da localidade.

Xa pola tarde do xoves 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle a sesión de teatro “Tristán” a cargo da compañía Elegante Elefante, as entradas estarán dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural. “Tristán” é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos e os personaxes falan nunha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Tamén o xoves 27 de decembro a Cafetería Alameda acolle ás 20:30h a segunda Barferencia de Inverno 2018, onde contarase coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falarán sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos dous participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto “A Guarda, Mar de Sal”.

O venres 28 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión “Route 66” de Teatro-Clown musical para adultos da Compañía Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban e Carlos Sante. Inicio ás 21:00h, recollida previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.

Para o sábado día 29 de decembro, a Charanga “Vaia Panda” será a encargada da amenización musical das rúas da vila entre as 11:00h e as 13:00h.

Tamén o sábado 29 de decembro ás 12:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario dunha visita moi especial para os nenos nesta tempada de Nadal, “O Apalpador”. Neste espectáculo, para público familiar a partires dos 3 anos, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. Retirada previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural.

Xa no mes de Xaneiro o Mércores día 2 a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil “Decora a túa casa” no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo “Do Lusco ó Fusco” de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

O xoves 3 pola tarde o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de “Capitán Calzoncillos” ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

Coa primeira semana de xaneiro e deste ano 2017, achégase o final das festas navideñas. Na Guarda, estas datas tan sinaladas rematan por todo o alto este xoves día 5 coa saída da Cabalgata dos Reis Magos e a posterior Recepción Real.

A tradicional Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos sairá dende a Alameda ás 18 horas e pasará pola rúa Galicia ata a esquina do Galo, despois pola Praza da Igrexa e de aí directamente á Praza do Reló. A continuación, terá lugar a Recepción Real na Casa dos Alonsos, onde os Reis Magos recibirán ós nenos e nenas da vila, escoitarán as súas peticións e desexos e entregarán a cada un dos cativos un agasallo.

A Cabalgata do Reis estará acompañada polo Grupo de Gaitas da 3ª Idade, a Charanga Os Zanfonos e o Grupo de Baile Moderno Xamaraina; e durante a Cabalgata repartiranse máis de 400 quilos de caramelos. Recordamos que todos os caramelos que se repartirán no transcurso da Cabalgata son libres de gluten e, no caso dos caramelos mastigables, tamén libres de lactosa.

Ademais, durante a Recepción Real que acollerá a Casa dos Alonsos tamén se entregarán golosinas aos nenos e nenas que acudan a coñecer aos Reis Magos, polo que no caso dos cativos que sexan alérxicos aconsellamos que os pais e nais se dirixan aos organizadores para máis información sobre o contido dos doces.

En caso de choiva só se celebraría a Recepción Real na Casa dos Alonsos, pero as previsións son optimistas e espérase que o bo tempo acompañe e permita que os Reis Magos podan percorrer as rúas da vila e levar a ilusión a todos os nenos e nenas da Guarda.

Como xa ocorreu o xoves anterior á celebración do Nadal, este vindeiro xoves día 29 de decembro haberá una nova chocolatada de balde na Praza de Abastos para todo o que se achegue pola mañá. Tamén haberá música nas rúas da man do Coro Fuscalheiro para amenizar o último xoves do ano 2016.

Ademais cómpre recordar que o xoves pola tarde, ás 17’30 horas no Centro cultural, o MAGO RAFA traerá o seu novo espectáculo infantil. Este é de balde, previa recollida de tickets no propio Centro Cultural. Do mesmo xeito, tamén recollendo previamente as entradas, o venres día 30 poden acudir á representación no Centro Cultural, ás 21 horas, da obra de teatro “O que hai que ver”.

Así pois, anímase a todo o mundo a achegarse o xoves a probar un chocolate quentiño na Praza de Abastos, perfecto para esta época e para prepararse para despedir este ano e dar a benvida ao 2017 en tan só un días e a desfrutar das diversas actividades que se organizan dende o concello para amenizar os últimos días do ano.

Por mor da coincidencia coa pesca da angula que se está a realizar estes días, o ferry verá modificado o seu horario. Tanto hoxe, xoves día 22 de decembro, como mañá o último servizo dende A Guarda será ás 18’30 horas e dende Caminha, a última viaxe se realizará ás 18 horas.

Ademais, infórmase que o sábado 24 e o domingo día 25 de decembro, coincidindo coa celebración do día de Nadal, non haberá servizo de ferry. Tampouco o vindeiro día 31.

En calquera caso, recórdase que para calquera dúbida os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.

Achégase a fin de semana previa ao Nadal e na Guarda, vaise a celebrar a proximidade dunha data tan especial por todo o alto. Estes vindeiros días estarán repletos de diversas actividades para todos os públicos e gustos, que farán que os veciños e as veciñas da Guarda sintan, aínda máis, o espírito navideño.

Entre as diversas propostas destaca a música, que estará moi presente con tres concertos. O primeiro destes, o Concerto de Nadal do Conservatorio de Música organizado polo concello da Guarda, terá lugar o xoves día 15, no Centro Cultural ás 19 horas.

O venres preséntase unha nova cita das barferencias. Nesta segunda charla da tempada 2016/17, o recoñecido investigador dos petroglifos, Fernando Javier Costas Goberna, falará de “Oia, o Císter e a nova milicia” ás 20’30 horas na Cafetería Alameda.

Xa metidos de cheo na fin de semana, o sábado temos unha nova sesión de Contos Contados adicada ao Nadal, de novo na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Nesta os nenos e nenas contarán con canto e conto por Nadal e un obradoiro de a continuación sobre a decoración da árbore de Nadal. Cara á noitiña, ás 20’30 horas, celebrarase outra das citas coa música tradicional no Festival de Nadal de Pandereteiras no Centro Cultural.

Para rematar esta última fin de semana antes do Nadal, o domingo presenta moi diversas iniciativas para as familias guardesas. O patio cuberto do Colexio PP. Somascos acolle a Mostra de Artesanía “Nadal na Guarda” organizada por + K ARTE en colaboración co concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Pola tarde a Guarda recibirá a visita de Papá Noel, organizada por AGUDE, que se adiantará uns días para sorprender aos nenos e nenas da vila. A chegada producirase en parapentes no Porto ás 16’30 horas e percorrerá a vila ata recoller as cartas nas Galerías da Alameda, onde aparecería directamente en caso de choiva. Por último, a Coral Polifónica da Guarda organiza o Concerto de Panxoliñas, que se poderá desfrutar a partir das 17’30 horas na Igrexia Parroquial, como colofón a esta fin de semana.

Coincidindo co inicio do mes de decembro, o concello da Guarda vén de presentar a Axenda de Nadal 2016. Trátase dunha axenda que abarca a programación dende este comezo de mes ata o domingo 15 de xaneiro e que inclúe diversas actividades, co obxectivo de que resulten atractivas para todos nestas datas tan sinaladas.

Dado que falamos do Nadal, os nenos e nenas son os grandes protagonistas desta axenda. Contarán con tres obradoiros de decoración infantís e con dúas sesións de cinema infantil no Centro Cultural o 23 de decembro e o 4 de xaneiro cos films “Cuento de Navidad” e “Los Minions”. Tamén haberá diversos espectáculos como o “MAGO RAFA” o xoves 29 de decembro ás 17’30 horas no centro Cultural, así como a visita de Papá Noel organizada por AGUDE ou a tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.

Pero os adultos e as familias tamén terán numerosos plans neste Nadal. A axenda conta con tres concertos neste mes de decembro: o do Conservatorio o día 15 de decembro, o Festival de Nadal das Pandereteiras o 17 e o Concerto de Panxoliñas o día 18. Continuarán os Invernos de Cine con dúas novas proxeccións no Centro Cultural, ademais de haber teatro para adultos, Música nas rúas e Chocolatadas na Praza de Abastos os días 22 e 29 de decembro.

Este luns, acendido da iluminación de Nadal

A campaña de Nadal da Guarda arranca oficialmente este vindeiro luns 5 de decembro pola tarde co acendido da iluminación do Nadal en toda a vila, que irá acompañado dunha caravana de Nadal e animación na Praza do Reló ofrecida polos comerciantes da Guarda e o Mercado do Reló, ás 20 horas, coa inauguración oficial do Nadal guardés. Os comerciantes xa amosaron a súa implicación coa campaña de Nadal da vila acudindo o pasado sábado ao obradoiro de decoración “Un adorno para o Nadal guardés” e coa participación no programa “Decora o teu Nadal”, por parte das asociacións culturais e deportivas da vila.

Dende o concello da Guarda deséxase que os veciños e veciñas da Guarda teñan un bo Nadal e convídaos a participar nas numerosas actividades, para tódolos públicos e gustos, que encherán as rúas da Guarda de espírito navideño.