Coa chegada das vacacións de Nadal o Concello da Guarda informa do cambio de horarios dalgúns servizos municipais coma o Museo do Mar, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega ou a Biblioteca Pública Municipal.
Deste xeito dende o 24 de decembro e ata novo aviso o Museo do Mar estará pechado.
Dende o 24 de decembro e ata novo aviso Museo Arqueolóxico de Santa Trega estará pechado.
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda estará pechada os días 24 e 31 de decembro, así coma os sábados 26 de decembro e 2 de xaneiro e a semana do 4 de xaneiro ao 9 de xaneiro, abrindo novamente o día 11 de xaneiro no seu horario habitual.
En canto á Oficina Municipal de Turismo estará pechada do xoves 24 ao domingo 27 de decembro e do 31 de decembro ao 17 de xaneiro.
Novo horario de inverno no Museo do Mar e peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz
A partires desta fin de semana (15 de setembro) modifícanse os horarios do Museo do Mar e realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, a zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00h a 20:00h. e a partires do mes de outubro de 10:00h a 19:00h.
O Museo do Mar, incluído na Rede de Museos Municipal, pasa xa ao horario de inverno e estará aberto os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Centro de Interpretación
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
• 1 € adulto
• 0,50 € menores de 14 anos
• Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
A Guarda é unha vila turística que recibe numerosos visitantes grazas a contar cun amplo abano o recursos patrimoniais e paisaxísticos. Polo que en 2018 o Concello da Guarda adheriuse a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para mellorar atención dos puntos de turismo e ofrecer un servizo de calidade.
Neste 2019 centralizouse a atención na Oficina Municipal de Turismo localizada na Praza do Reló. Deste xeito atendese aos visitantes e turista e tamén aos peregrinos ao estar no propio Camiño Portugués da Costa.
A ampliación dos horarios e datas foi posible grazas ao reforzo do persoal de turismo grazas. Para este 2019 a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello da Guarda un informador turístico para os meses de xuño a decembro ao abeiro da subvención de dotación de persoal nas Oficinas da Rede Info Rías Baixas.
Horarios de xullo a setembro a Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló):
Luns a venres: 9:00 a 14:30 / 15:00 a 20:00
Sábados, domingos e festivos: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30
A partir de outubro reducirase o horario. Para máis información:
tel. 986614546
turismo@aguarda.es
www.turismoaguarda.es
O Concello da Guarda informa dos horarios dos servizos turísticos durante a ponte da constitución 2018 nos que a Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Reló, prestará atención dende o xoves ata o sábado en horario de 11:00h a 13:30h e de 16:30h a 18:30h. sendo o teléfono de atención o 986 61 4546.
Dentro da Rede de Museos Municipais, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega, abre de martes a domingo en horario de 11:00h a 17:00h, a entrada ten un custo de 1€ para adultos e de 0,50€ para menores de 14 anos.
O Museo do Mar, sito na atalaia da zona norte do Porto da Guarda estará aberto o Xoves 6 de decembro e o sábado 8 e domingo 9 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h, a entrada ten un custo de 1€ para adultos e de 0,50€ para menores de 14 anos.
O espazo público do Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural no 1995(BIC) estará aberto en horario de 10:00h a 17:00h.
Máis información sobre as primeiras actividades da programación de nadal e os horarios do transbordador Ferry Boat entre A Guarda e Caminha na web municipal de turismo www.turismoaguarda.es