A partires desta fin de semana (15 de setembro) modifícanse os horarios do Museo do Mar e realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, a zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00h a 20:00h. e a partires do mes de outubro de 10:00h a 19:00h.
O Museo do Mar, incluído na Rede de Museos Municipal, pasa xa ao horario de inverno e estará aberto os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Centro de Interpretación
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
• 1 € adulto
• 0,50 € menores de 14 anos
• Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
Comentarios