A Oficina Municipal de Turismo da Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra. Para este 2019 a Deputación concedeu ao Concello da Guarda un informador turístico durante sete meses. Grazas ao reforzo do persoal unhas das melloras foi a ampliación do horario de atención.

Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo. Neste meses atendéronse a máis de 3.000 visitantes e turistas sendo a consulta máis habitual o qué visitar na vila e nos arredores.

Dende hai uns anos xa é habitual que os peregrinos percorran as nosas rúas. A Oficina de Turismo na Praza do Reló atopase no recorrido do Camiño Portugués da Costa polo que tamén son numerosas as consultas atendidas dos peregrinos, ademais de selar a credencial. Este verán detectouse un incremento de peregrinos que comezan na nosa vila a súa peregrinación a Santiago polo Camiño Portugués da Costa.

Este horario ampliado de verán continuará no mes de outubro. Polo que a Oficina de Turismo no antigo Concello estará aberta de luns a domingo de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30h.

A Guarda é unha vila turística que recibe numerosos visitantes grazas a contar cun amplo abano o recursos patrimoniais e paisaxísticos. Polo que en 2018 o Concello da Guarda adheriuse a Rede de Oficinas “Info Rías Baixas” que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para mellorar atención dos puntos de turismo e ofrecer un servizo de calidade.

Neste 2019 centralizouse a atención na Oficina Municipal de Turismo localizada na Praza do Reló. Deste xeito atendese aos visitantes e turista e tamén aos peregrinos ao estar no propio Camiño Portugués da Costa.

A ampliación dos horarios e datas foi posible grazas ao reforzo do persoal de turismo grazas. Para este 2019 a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello da Guarda un informador turístico para os meses de xuño a decembro ao abeiro da subvención de dotación de persoal nas Oficinas da Rede Info Rías Baixas.

Horarios de xullo a setembro a Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló):
Luns a venres: 9:00 a 14:30 / 15:00 a 20:00
Sábados, domingos e festivos: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30

A partir de outubro reducirase o horario. Para máis información:
tel. 986614546
turismo@aguarda.es
www.turismoaguarda.es

A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Este horario manterase ata o 15 de setembro.

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas.

Tasas de acceso:
• 1€ adultos
• 0,5€ menores de 14 anos
• Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o día dos Museos(18 de maio).

O punto de información turística municipal habilitado no porto da Guarda comezou a funcionar o pasado 1 de xullo, coincidindo coa celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Este servizo reforza durante os meses de verán o ofertado pola oficina de información turística do Concello da Guarda, atendendo ós visitantes e turistas que soliciten información de interese turístico e cultural tanto da localidade como da comarca. O seu horario de atención ó público é, de luns a domingo, de 11:00 a 14 horas e, xa pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas.

 

 

Esta semana as saídas do ferry veranse afectadas pola marea baixa durante as mañás e implicará que algunha saída non se poda confirmar ata o mesmo día.

Polo tanto achégase o horario definitivo ata o domingo 16 de xullo coas correspondentes aclaracións nas casillas dos horarios que sofren algunha variación ou cancelación

Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.