O Concello da Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte ante a situación provocada pola pandemia do Covid-19 e, como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.

Nunha acción, destinada a por en valor e recoñecer as tradicións propias das Festas do Monte, o Concello da Guarda vai a realizar na xornada deste sábado día 8 de agosto o “Magazine Especial – Festas do Monte 2020”, un evento online que se poderá seguir en directo a través das redes sociais do Concello da Guarda e das webs municipais www.aguarda.es e www.turismoaguarda.com.

Este “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” arrancará ás 11:00h e, cunha duración aproximada de dúas horas, abordará diversas temáticas das Festas do Monte, contando con entrevistas, proxeccións de vídeos de pasadas edicións, montaxes fotográficas, actuacións musicais e moito máis.

O Magazine Especial – Festas do Monte 2020” estará dirixido polo locutor Jose Font e contará, entre outras intervencións, coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; do representante da Comisión das Festas do Monte, Manuel Castro; do historiador local J. Miguel Villa; do persoeiro local José Antonio Uris Guisantes; do Presidente da Asociación Piueiro, Joaquín Cadilla; do cantautor Tino Baz, entre outras personalidades.

O “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” abordará temas propios da tradición das nosas festas, nunha mestura co ocio, a historia e as celebracións familiares vencelladas ás festas.

No apartado musical contarase coas actuacións de Tino Baz e do Grupo de Gaitas da Terceira Idade, ademais das proxeccións de vídeos, documentais e programas de TV emitidos sobre as Festas do Monte.

Agárdase que este evento online sexa seguido por milleiros de persoas ao longo de todo o mundo, nun formato adecuado á situación actual e que sirva xa de antesala para as vindeiras Festas do Monte, Festas de Interese Turístico de Galicia, que se celebrarán do 9 ao 16 de agosto de 2021.

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as Festas do Monte 2019, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre, Festas catalogadas de Interese Turístico de Galicia.

A programación de actividades arrancou na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

O luns día 5 de agosto celebrase o Pregón ás 20:00h na Praza do Reló, que correrá a cargo de Dna. María Nava Castro, Dir. Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Pola noite verbena coas orquestras América SL e Xacobeo na Alameda da Guarda.

Para a xornada do martes día 6 de agosto celebrase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés, un festival folclórico no Auditorio de San Bieito e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.

O mércores día 7 de agosto celebrase a Marcha Cicloturista Popular, o Torneo de Fúbtol Sénior, o XIV Rock in Fervenza e pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.

Na xornada do xoves día 8 de agosto terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadréz ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.

O venres día 9 de agosto as pistas deportivas do Codesal acollen o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.

Como ven sendo habitual, na mañá do sábado terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a milleiros de persoas entre a Alameda da Guarda e o Porto. Pola noite verbenas na Alameda coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.

O Domingo é a subida ao Monte, na cal as Bandas Mariñeiras realizan os seus xuramentos con comida popular e posterior desfeita. Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.

O luns 12 de agosto ás 24:00h terá lugar a Gran Tirada de Fogos de Luces no Porto da Guarda, coa que se pon o punto e final a unha semana de festexos.

Dende o Concello da Guarda pedimos a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.

Arranca a semana das FESTAS DO MONTE. Este é a programación completa de todos os eventos para esta semana de festa:

Luns 6

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.

20:00h Pregón das Festas do Monte 2018 a cargo de Joaquin Cadilla Castro, Presidente da Asociación Piueiro.

21.00h Concerto Bandas Locais. Organiza: Fuscalho Centro Social.

22:30h – Primeira gran verbena coas orquestras JOHNNY MAQUINARIA e CALIFORNIA.

Martes 7

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.

11:30h – Actividades para nenos na Alameda.

20.00h Cantos de Taberna en Arruaz, Pescador, Vaite Vindo, Pozas, A Máis Bonita. E concerto de Os Carunchos no Fuscalho. Organiza: Fuscalho Centro Social

22.30h Segunda verbena coas orquestras FINISTERRE e RITMO NOCHE.

Mércores 8

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.

17:00h Marcha Cicloturista Popular con saída e chegada dende a Alameda.

18.00h Programa da TVG “Aquí Galicia Tours”, emisión en directo con entrevistas e actuacións no Auditorio de San Benito ata as 19.45h

20.00h Actividades para nenos en As Pozas: “C’est qui paulette?” e “Feira Ambulante”. Organiza: Fuscalho Centro Social

21:30h Festival de Acordeón na Igrexa parroquial

22:30h Terceira verbena coas orquestras TANGO e GARIBALDI

23:00h XIV Rock in Fervenza na Praza do As de Copas. Organiza Fervenza Tinta.

Xoves 9

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.

16:00h XVIII Campionato Exhibición de Axadrez ao aire libre. Organiza Club Albatros

22:30h Cuarta verbena coas orquestras PASARELA e AMÉRICA

23.00h SOM DO IV TREGA coas actuacións “Os Putos”, “Indomables”, “Maskarpone”, “Narma and the walili beat brothers”.

Venres 10

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.

10.30h XI ENCUENTRO AMIGOS DE LA CULTURA CELTA “Cultura y territorio en el noroeste peninsular” no Centro Cultural

11:00h Actividades no Auditorio de San Benito: tiro con arco (nenos de 6 a 14 anos), kin-all (a partir de 11 anos e mínimo de 12 persoas) Mini torneo futtoc (individual ou parellas a partir de 12 anos), Organiza Deotium.

19:00h Carreiras Pedestres Populares na Alameda. Inscrición en www.trega.es ata o 9 de agosto.

22:30h Quinta verbena coas orquestras EUROPA e AZÚCAR. E a actuación de EDGAR BAO (La Voz Kids)

Sábado 11

12:00h – Gran Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras con saída dende a Alameda e remate no Porto de A Guarda.

22:30h – Sexta verbena coas orquestras CÍBELES e LOS GESMAS.

Domingo 12

Subida ao Monte Santa Trega dende a mañá, xantar popular e desfeita.

21:30h – Baile verbena coas orquestras CARAMELO e AMBAR.

Luns 13

00:00h – Espectacular tirada de fogos de artificio no Porto de A Guarda

Martes 14 e mércores 15:

FESTA DO MEXILÓN NA ALAMEDA: Festa degustación do Mexillón, polbo á feira… Durante todo o día.

 

Martes 14 y miércoles 15:

FESTA DEL MEJILLÓN EN LA ALAMEDA: Fiesta degustación de Mejillón, pulpo a la feria… Durante todo el día.

Festas na honra de San Caetano

O barrio da Cruzada celebra as Festas de San Caetano con unha sardiñada o venres a partir das 21.00 horas, seguida das actuación da orquestra Costa Blanca; e o sábado, coa gran verbena da man de Los Soprano e Ambar. Ámbolos dous días contarán co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira.

O domingo pola mañá será a quenda dos actos relixiosos, coa celebración da misa solemne ás 11.30 horas e a posterior procesión partindo da capela de San Caetano, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira e o coro parroquial. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, realizaranse as tradicionais puxas e, tras delas, o grupo de pop-rock guardés Songodin’s ofertará un concerto.

Deporte e cultura urbana no porto

O sábado 5 de agosto será o gran día do deporte. Especialmente, daqueles relacionados coa cultura urbana no marco da terceira edición de Galifornia Beat, organizada por Skateboarding360 en colaboración co Concello da Guarda. O evento “multideportivo e multicultural”, segundo o definen os organizadores, terá lugar na atalaia do porto guardés a partir das 10.00 horas e contará con competicións en tres modalidades de skateboarding: Street skate ou patinaxe de rúa; miniramp, na que os skaters fan uso de pequenas ramplas; e S.K.A.T.E, unha modalidade de competición a dúo na que os contrincantes poñen a proba a destreza do outro na realizaciónde determinados trucos.

As actividades deportivas complétanse coa oferta de clases de break dance e a práctica de flyboard e hoverboard, dúas modalidades acuáticas que permiten elevarse sobre a auga e para cuxo desfrute é preciso inscribirse previamente a través da páxina www.flyboardvigo.com. Amais destas, as persoas que se acheguen á atalaia -na que haberá postos de artesanía, comida, bebida e inchables para os cativos- poderán presenciar as pintadas de graffitis e os concertos, que se celebrarán a última hora da tarde.

Primeiras actividades da Festa do Monte

As primeiras actividades deportivas das Festas do Monte serán tamén o sábado, a partir das 18.00 horas. Por unha parte, no pavillón das Solanas disputarase o Trofeo Festas do Monte de Hóckey Liña, con categorías senior e amateur. Paralelamente, partirá da Alameda da Guarda a tradicional Carreira Pedestre Popular.

A Festa do Monte, con todo, arrincará oficialmente o próximo luns, 7 de agosto, co  pregón inaugural a cargo dun responsable do Real Club Celta de Vigo, precedido pola benvida do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba. As grandes festas guardesas continuarán durante toda a semana, cunha programación deportiva, cultural e lúdica intensiva ata o 15 de agosto.

O sábado e domingo tamén se ofrecen as <<Visitas guiadas ao Monte Santa Trega>> para os interesados en coñecer o monte con maior profundidade. A visita de 90 minutos comeza no Museo ás 12.30h e ás 17.00h. E a visita centrada no Castro de 30 minutos de duración e comeza ás 16.00h no Castro.

Ademais continúa a exposición <<Viaxando pola historia, cen anos do MASAT>> que conmemora o centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega e que se pode visitar na Casa dos Alonso ata o 27 de agosto. De martes a sábado de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00. Os domingos e días festivos de 12.00 ás 14.00 horas.

A exposición mostrará a evolución do museo desde os seus inicios no ano 1917, fundado pola Sociedade Prol-Monte, ata os nosos días, e permitirá realizar unha viaxe ao pasado a través do patrimonio deixado polos nosos antepasados. Esta é unha excelente oportunidade para todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man como eran os habitantes que moraban na cima do Monte Santa Trega e como os membros da Sociedade Prol-Monte dedicaron o tempo para coidar e difundir un dos xacementos máis emblemáticos de Galicia.