A Guarda celebra as súas grandes festas, as Festas do Monte.

Tras un longo ano de espera chegan as grandes festas ao concello da Guarda, son días de gozar e de encontros pois os que viven noutras localidades regresan para celebrar en familia e con amigos das festas centenarias máis destacadas da comarca.

Este ano as Festas do Monte vanse celebrar do luns 7 ao martes 15 de agosto aproveitando a festividade nacional da Asunción o martes 15. Estas festas de gran arraigo comezaron en 1913 e contan coa declaración de Festas de Galicia de Interese Turístico dende o ano 2009.

Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen a centos de visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais e verbenas.

Hai tres eventos principais: o sábado co desfile folclórico; domingo coa romaría no monte de Santa Trega e luns despedida coa tirada de fogos. Ao Desfile folclórico do sábado ao que asisten miles de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos invitados que enchen de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile.

Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nunha ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría.

Un dos momentos máis emotivos ten lugar o luns coa despedida das festas coa tirada de fogos de artificio que se levan celebrando dende os anos 30. Esta tradición xurdiu en 1929 coa queima dos “monifates” que viñan sendo un monecos de tea con petardos e mechas de luces ós que se prendía lume. Anos máis tarde pasaron a seren substituídos por fogo de luces artificiais de aire e mar dentro das instalacións do porto pesqueiro, que despiden tradicionalmente ás Festas do Monte. Aínda que este ano continua a festa despois do fogos por ser festivo o 15 de agosto. Sen esquecer que o luns 14 tamén será festivo local.

PROGRAMA DAS FESTAS DO MONTE A GUARDA 2023:

Do 7 ao 15 de agosto do 2023:

Sábado 5:

  • De 16:00 ás 20:00h nas Pistas do Club de Petanca O Caldeiro (O Codesal) IV Torneo de Petanca Festa do Monte 2023. Organiza Club de Petanca O Caldeiro e Asoc. V.C.D. Alameda.

Luns 7:

  • Durante a mañá pasarrúas co Grupo de Lusco o Fusco.
  • 20:00h – Na Praza do Reló actuación do “Coro Arpegios Cantabile” e pregón a cargo de Miriam Sempere, Capitana do Mecalia Atlético Guardés.
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “RITMO JOVEN” e “AZÚCAR”

Martes 8:

  • Durante a mañá pasarrúas co grupo de gaitas “A Boalleira”.
  • 17:00h – Marcha cicloturista popular con saída da Praza de Avelino Vicente (As de Copas) e chegada á Alameda. Uso obrigatorio do casco.
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “PONTEVEDRA” e “ALABAMA”.

Mércores 9:

  • Durante a mañá pasarrúas co grupo de gaitas da “Terceira Idade da Guarda”.
  • De 16:00 ás 20:00h, XXI Campionato Exhibición de Xadrez ao aire libre na Praza do Reló (organiza Club de Ajedrez Albatros).
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “ASSIA” e “SAUDADE”.
  • De 23:00 ás 3:00h na Praza Avelino Vicente (As de Copas) coas actuacións de “Castro y los Escoltas” e “Gold Colt”.

Xoves 10:

  • Durante a mañá pasarrúas co grupo folclórico “Tralo Mosteiro de Oia”.
  • 18:30h – Partido de fútbol no Estadio Municipal.
  • 20:30h – Actuación do Mago Teto no Auditorio San Bieito.
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “TANGO” e “LOS ALKAR”.

Venres 11:

  • Durante a mañá pasarrúas a cargo de varios grupos de gaitas e folclóricos.
  • 20:00h – Música de rúa entre a Praza de Avelino Vicente (As de Copas), Praza do Reló e o porto.
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “LA DIMENSIÓN” e “LA NAVE”.

Sábado 12:

  • 11:30h – Desfile folclórico e das bandas mariñeiras dende a Alameda ata o porto.
  • 22:30h – Verbena na Alameda coas orquestras: “EL NORTE”, a mítica banda Cántabra, e unha agrupación musical.

Domingo 13:

  • Romaría de Santa Trega dende a mañá coa subida das bandas mariñeiras e demais romeiros.
  • 21:30h – Verbena na Alameda con dous grupos musicais.

Luns 14 (festivo local):

  • Día do neno, toda a tarde as entradas para as atraccións ao 50%.
  • 00:00h – Gran tirada de xogos artificiais no Porto da Guarda e ao remate actuación de DJ na Alameda.

Martes 15 (festivo nacional):

  • 21:00h – Actuación de dous grupos musicais

Comentarios

Leave a Reply