O Concello da Guarda estivo representado a pasada semana na 20º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países.

Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.

Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.

En palabras de Carmen Baz «este é o 14º ano que participamos e a lagosta da Guarda tivo moito éxito, recibindo numerosos agradecementos e parabéns dos comensais».

Un escaparate ideal para a promoción do Concello da Guarda a través do Restaurante Xeito que rexenta Carmen Baz, quen ofertou o menú «Porto da Guarda» contando cos pratos típicos da cociña mariñeira como o polbo, o peixe espada e, como non, a lagosta da Guarda.

A técnico de Turismo do Concello da Guarda, Rosalía Verde, asistiu o 21 de febreiro en Madrid a unha reunión convocada pola Secretaría de Estado de Turismo, co obxectivo de coordinar actuacións e propostas para a promoción dos destinos turísticos da Rede EDEN.

A reunión comezou coa intervención de Antonio Nieto, Subdirector General de Cooperación y Competitividad Turística da Secretaría de Estado de Turismo, e asistiron técnicos de turismo doutros destinos EDEN, persoal de TURESPAÑA e de SEGITTUR.

Nesta reunión abordáronse cuestións como a visibilidade dos destinos EDEN nas actuacións de promoción estatais e en mercados internacionais, elaboración dun plan de marketing, xestión de contidos nos portais turísticos de TURESPAÑA, etc.

Un dos temas claves da reunión foi a posibilidade de constituír a “Asociación Española de Destinos de Excelencia (EDEN)” que facilitará a coordinación coa Secretaría de Estado de Turismo e permitirá un contacto máis fluído coa Rede Europea de Destinos EDEN, e as posibles actuacións de promoción conxuntas.

A Guarda estivo presente promocionando o seu turismo e a súa gastronomía na 18ª edición de Xantar, que acolleu o recinto Expourense, dende o 1 ao 5 de febreiro. Durante os cinco días nos que se celebrou o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que este ano recibiu a máis de 24.000 persoas, os visitantes achegábanse ao stand do Concello da Guarda con diversas consultas. Entre os temas de interese, a consulta máis común foi a data de celebración da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que este ano se celebra o primeiro fin de semana de xullo, os días 1 e 2; sendo o pregón o venres 30 de xuño.

No transcurso desta Feira, no stand do Concello da Guarda, ofreceuse unha degustación da Rosca de Xema, que tivo unha excelente acollida. Moitos xa coñecían este postre de anteriores visitas á Guarda, e aqueles que non o coñecían alabaron a súa dozura e mostraban interese en saber máis da súa elaboración. Ademais recoñecían que era un motivo máis para visitar proximamente A Guarda.

No marco das numerosas actividades organizadas en Xantar destacou o concurso de carteis de festas gastronómicas, no cal participaron carteis de Galicia e Portugal. O Concello da Guarda remitiu a este concurso o cartel da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira de 2016, que resultou gañador do segundo premio.

Deste xeito o domingo rematou unha feira de gran importancia, dado que é o único salón especializado en turismo gastronómico en España, que conta coa catalogación de Salón Internacional, e que ten como obxectivo impulsar o turismo de proximidade en Galicia. Nesta edición de Xantar o Concello da Guarda puido mostrar aos miles de visitantes, principalmente de toda a provincia de Ourense, así como do norte de Portugal, de León e da provincia de Lugo a súa riqueza paisaxística, cultural, gastronómica e turística, que fan da vila un dos principais destinos turísticos galegos.

O concello da Guarda está presente nunha nova edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Esta feira, que acadou en 2014 o recoñecemento de Internacional, celebra do 1 ao 5 de febreiro a súa 18º edición no recinto de Expourense, ao que se espera que se acheguen miles de persoas durante estes cinco días.

Esta é a segunda feira á que concello da Guarda acude neste ano 2017 para promocionarse como destino turístico tras a súa participación na Feira Internacional de Turismo de Madrid o pasado mes de xaneiro. Nesta ocasión a representación do concello acude a unha cita coa gastronomía e o turismo para seguir impulsando o seu sector turístico nunha data que reúne 232 expositores procedentes de 11 países diferentes. Nestes días en Expourense estarán presentes 15 restaurantes e o recinto acollerá unha gran diversidade de actividades como un Encontro de Bloggers Gastronómicos de España e Portugal a través das redes sociais, numerosas catas e degustacións ou talleres didácticos con chefs de prestixio dos diversos países participantes. Ademais haberá conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte e ata máis de 200 actividades diferentes.

Deste xeito, ademais de recrear experiencias gastronómicas dos lugares presentes na Feira, como é o caso da Guarda, coa que se exaltan as materias primas e a gastronomía de cada destino, Xantar tamén é un punto de encontro dos recursos turísticos. Dentro do recinto de Expourense danse a coñecer os atractivos gastronómicos, paisaxísticos e históricos de cada rexión.

A Guarda conta co seu propio stand no que os visitantes poderán informarse das novidades da vila como a Rede do Museos, o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas, as festas e lugares de interese da vila ou as visitas guiadas que se poden realizar ao MASAT (Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega), ao Castelo de Santa Cruz ou ao Museo do Mar.

Trátase dunha feira á que se achegan visitantes de toda a provincia de Ourense, así como do norte de Portugal, de León e da provincia de Lugo, un público que tradicionalmente visita e pasa as súas vacacións de xeito asiduo na vila. Coa súa presencia, o concello da Guarda busca atraer visitantes de proximidade, que en pouco máis de hora e media podan achegarse á Guarda.

Ademais, sempre houbo unha forte vinculación con familias de Ourense que escollían A Guarda para os seus días de vacacións. Xantar serve para reforzar este vínculo e amplialo, dando a coñecer e promocionando os numerosos atractivos turísticos que ten para ofrecer a vila e as novidades dos últimos anos.