Este mércores, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo coa temática, establecida pola Organización Mundial do Turismo (OMT), “Turismo sustentable: un instrumento de desenvolvemento”, cuxa finalidade pasa por concienciar e potenciar o respecto polo rico patrimonio dos diferentes pobos que conforman o mundo.
O Concello da Guarda únese á iniciativa e amosará o seu patrimonio coa apertura dos tres recintos visitables que conforman a Rede de Museos da nosa vila:
- O Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT): permanecerá aberto de 10:00 a 20:00 horas.
- O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz: poderá visitarse entre as 11.00 e as 14.00 horas.
- O Museo do Mar: estará aberto de 11:00 a 14:00 horas.
Ademais, o transbordador que une A Guarda e Caminha será gratuíto durante toda a xornada.