O vindeiro sábado día 1 de xuño o Monte Santa Trega será o escenario para a visita de case un cento de motos da emblemática marca italiana Ducati na Quedada Nacional que organiza cada ano o Clube DOC D.C.E. e que este ano, se celebra na cidade olívica entre o 31 de maio e o 2 de xuño.

Apaixonados das dos rodas visitarán o Monte Santa Trega da Guarda entre as 11:30h e as 12:30h, momento no que gozarán coas paisaxes guardesas do Esteiro do Miño, o océano atlántico, así como aproveitar para coñecer o noso rico patrimonio cos Castros de Santa Trega.

Esta visita se enmarca nun percorrido que farán os participantes nesta quedada por lugares emblemáticos das Rías Baixas ao longo da súa estadía en Galicia.

Todas as persoas que así o desexen, poderán achegarse ata o Monte Santa Trega e contemplar os diferentes modelos da marca Ducati, que estarán ao carón da antiga Casa Forestal do Monte Santa Trega.

Entre as actividades que amenizarán esta fin de semana na Guarda, destaca a I Concentración de la Vieja Escuela que se celebrará este sábado 8 de outubro na rúa de Circunvalación, á altura de A Cruzada.

Trátase dunha exposición de coches e motos clásicas da comarca do Baixo Miño e doutras localidades galegas como Ourense e Lalín. Ademais, o evento organizado por Castro Sport coa colaboración do Concello da Guarda, contará con entrega de trofeos e diversos premios.

A hora de apertura da mostra será ás 15 horas. Para realizar as inscricións para montar os stands, que son de balde, ou para consultar calquera outra información, poden chamar ó número de teléfono 664 636 547.