O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente.

A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando as casetas durante a campaña de nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación de Nadal ata o 5 de xaneiro. Esta acción comercial está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto actividades COVID-19 do Plan Concellos.

Ao igual que o mercado organizado como peche do verán, a participación no mercado será gratuíta a cambio do compromiso da apertura dos postos durante os días e horario establecido.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Os interesados poden consultar as bases de participación e disporán ata o venres 20 de novembro para solicitar a súa participación mediante unha instancia xeral no rexistro municipal tal e como se define nas bases.

Como a peche ao verán a Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda organiza o Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados desta última fin de semana de agosto e a primeira de setembro.

O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres e o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.

A finalidade deste mercado é ofrecer unha oportunidade ao sector de artesanía e produtos locais especialmente golpeado durante este verano pola crisis sanitaria

Neste mercado van asistir artesáns da Guarda e da nosa contorna onde ofrecerán as súas elaboracións en bordado, marroquinería, complementos ou mesmo decoración.

Tamén participarán asociacións e entidades de acción social que tanta axuda prestaron e prestan durante a pandemia.

Nestas últimas datas do verán este mercado artesanal e a programación procurase que sexa un atractivo máis entre os veciños e visitantes gocen do noso comercio e cultura.

• Concello da Guarda ten previsto organizar un pequeno mercado na Praza de Avelino Vicente durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro, e abre unha convocatoria de inscrición para a participación no mesmo.

Coa organización deste mercado a Concellería de Desenvolvemento Local busca apoiar ao sector da artesanía, especialmente golpeado durante este verán pola crise sanitaria, pero tamén favorecer ás entidades de acción social que tanta axuda levan prestado durante a pandemia. Paralelamente espérase que o mercado tamén funcione como un atractivo máis, que de vida ás nosas rúas e estimule as compras nos comercios e o consumo na hostalaría da localidade.

A participación no mercado será gratuíta e o Concello proporcionará a cada artesán ou asociación un stand, ata acadar un máximo de 20 postos. Pola súa parte os e as artesás, así como as asociacións deberán comprometerse a manter os postos abertos os venres pola tarde en horario de 17:00 a 20:30, e os sábados e domingos en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30, durante as dúas fins de semana.

Os e as profesionais interesados/as, así como as asociacións, deberán presentar as súas solicitudes antes do 24 de agosto ás 14:00 horas a través da dirección de correo electrónico turismo@aguarda.es.

Os artesáns deberán indicar nese correo electrónico os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto, concello no/a que están empadroados/as e descrición dos produtos de artesanía que ofrecen. Así mesmo deberán deixar constancia por escrito nese mesmo correo o seu compromiso para manter aberto o posto durante todo o período de duración do mercado, respectando os horarios do mesmo.

No caso das asociacións deberán indicar: nome da asociación, nome e apelidos da persoa representante da mesma, tipo de produtos que venden e localidade na que ten a súa sede social. Así mesmo deberán tamén comprometerse por escrito a abrir os postos respectando o horario e datas nas que terá lugar o mercado.

Posteriormente poderáselles requirir documentación para verificar os datos que aportan na solicitude.