O concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal

O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente.

A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando as casetas durante a campaña de nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación de Nadal ata o 5 de xaneiro. Esta acción comercial está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto actividades COVID-19 do Plan Concellos.

Ao igual que o mercado organizado como peche do verán, a participación no mercado será gratuíta a cambio do compromiso da apertura dos postos durante os días e horario establecido.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Os interesados poden consultar as bases de participación e disporán ata o venres 20 de novembro para solicitar a súa participación mediante unha instancia xeral no rexistro municipal tal e como se define nas bases.

Comentarios

Leave a Reply