XXVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA.

30 de xuño, 1 e 2 de xullo no Porto da Guarda

Festa de Galicia de interese turístico.

VENRES 30 DE XUÑO

Na Praza do Reló:

21:00 Intervención do Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba Baz

21:15 Lectura do Pregón a cargo do BRUXO QUEIMAN e ANDREA POUSA. O actor vigués Bruxo Queiman e a cantante tomiñesa Andrea Pousa están recoñecidos como os “Embaixadores e difusores da Cultura Atlántica”.

No porto:

22:00 Apertura da carpa da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

23:00 Actuación de QUEIMAN E POUSA na carpa co espectáculo <MÍLSON’S>. Novo espectáculo concerto que mistura o legado tradicional das cancións mariñeiras con ritmos e melodías máis actuais. Unha atractiva e orixinal proposta sonora e visual.

SÁBADO 1 DE XULLO NO PORTO

Pola mañá:

10:00 Pasarúas a cargo do grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS

11:00 Apertura da carpa coa actuación do grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS

12:00 XXII Travesía a nado Porto da Guarda

12:30 Actuación d grupo pop-rock da Guarda SONGODIN’S

Pola tarde: Actividades para os nenos e familia

19:30 Espectáculo de animación de rúa A TROPA DO DOUTOR MILAGRE

21:30 Actuación de GOSSIP BUFÓN, humor adulto

23:00 Serán mariñeiro con grupos de música tradicional

DOMINGO 2 DE XULLO NO PORTO

Pola mañá:

10:00 Pasarúas a cargo do grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS

11:00 Apertura da carpa coa actuación do grupo tradicional O TREBÓN DOS XIDOS

12:30 Actuación do grupo de pop-rock da Guarda SONGODIN’S

Pola tarde: Actividades para os nenos e familia

19:00 Show máxico infantil de POPÍN PALOMERO

20:30 NOITE DE FADO. Actuación estelar de MARÍA DO CEO.

DURANTE O FIN DE SEMANA

-La recoñecida Feira de Artesanía na rúa Porto.

Tren turístico que recorrerá as rúas do municipio.

Visitas guiadas na REDE DE MUSEOS: Museo do Mar, Castelo de Santa Cruz e Monte Santa Trega.

 

Pasada a semana santa e unha vez coñecidos os datos recollidos pódese afirmar que A Guarda tivo unha excelente afluencia de visitantes e turistas durante esas datas.

Máis de 11.000 persoas visitaron o Monte Santa Trega dende o martes ao domingo. Outro aspecto a destacar é que en tan só 3 días máis de 500 persoas realizaron unha visita guiada ao Castro de Santa Trega polo que puideron coñecer en profundidade o noso castro grazas ás explicacións do guía. O número de persoas que accederon ao monte e aquelas que fixeron a visita guiada ao castro tiveron un incremento do 30% con respecto ao ano anterior. Con motivo do centenario do MASAT tamén se organizaron visitas guiadas no Museo Arqueolóxico de Santa Trega de martes a sábado con 215 persoas. O resultado foi positivo xa que os visitantes cada vez amosan un maior interese en coñecer o monte e o museo.

En canto aos datos recollidos no punto de información turística habilitado no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, amosan que se atenderon a 254 persoas en 100 consultas referidas ao castro e ao monte en xeral, que visitar na Guarda e os arredores. Madrid e Castela León son as procedencias máis destacada aínda que tamén houbo consultas de estranxeiros: Portugal, Francia, Alemaña, EEUU e Xapón. Sen esquecerse dos galegos, do interior como Ourense ou Lugo. Aínda que foron numerosos os visitantes da contorna e da provincia de Pontevedra.

Outra novidade desta semana santa foron as visitas guiadas ao casco histórico da Guarda. Estas visitas tiveron unha boa acollida, xa que unhas 80 persoas percorreron as nosas rúas e prazas comezando no porto pesqueiro, continuando en dirección ao casco antigo e seguindo ata o Castelo de Santa Cruz e de regreso de novo ao porto.

Segundo a enquisa realizada aos establecementos hoteleiros da Guarda a ocupación foi moi positiva comparando con anos anteriores. Algúns propietarios indicaron que tiveron unha ocupación do 75 % e outros acadaron o 100 %. Consultados os restaurantes tamén trasladaron que esta semana santa foi moi positiva e que non recordan outra similar con moitos clientes dende a fin de semana anterior. Algúns dos establecementos indicaron que dende o martes o traballo foi continuo como nas mellores semanas de agosto. Outro indicou que non puideron atender a toda a demanda que se achegou.

A combinación de bo tempo, o importante patrimonio e a excelente gastronomía demostrou que A Guarda continúa a ser un dos destinos máis visitados de Galicia.

 

 

A Rede de Museos, visitas guiadas ao Monte Santa Trega e ao casco antigo e castelo de Santa Cruz, as celebracións relixiosas e as Festas de Buxán forman un completo programa de actividades que permitirán que veciños, visitantes e turistas gocen da Semana Santa na Guarda.

 O Concello da Guarda ofrece un interesante programa para a Semana Santa onde as visitas guiadas serán protagonistas. Estas visitas guiadas son gratuítas e están dirixidas a todos os interesados e deste xeito podan descubrir o patrimonio e historia do Monte Santa Trega e do casco urbano. Para asistir as visitas non é preciso inscrición previa tan presentarse á hora de comezo no punto de encontro.

Como novidade esta Semana Santa ofrécense visitas guiadas polo casco antigo e Castelo de Santa Cruz que permitirán coñecer a historia da Guarda a través do patrimonio percorrendo as rúas e prazas do casco histórico incluíndo o Castelo de Santa Cruz. As visitas comezarán ás 12.00h e realizaranse do sábado 8 ao sábado 15 de abril cunha duración de 90 minutos. Punto de comezo: porto da Guarda (diante da Igrexa de San Benito)

Ademais como cada ano realizaranse visitas guiadas ao Monte Santa Trega de 30 minutos de duración pero en dous formatos e que permitirán dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico, a paisaxe e a relixiosidade. Con motivo do centenario do Museo Arqueolóxico de Santa Trega realizaranse visitas guiadas ao MASAT nas que se amosarán as pezas expostas no museo que foron atopadas durante as escavacións do castro. De martes 11 a sábado 15: Punto de comezo: entrada do Museo ás 12.00h, 13.00h e 17:00h. Sen esquecer as habituais visitas ao Castro de Santa Trega. De xoves 13 ao sábado 15: ás 11.30 – 12.30 – 13.30 / 16.00 – 17.00 – 18.00 e punto de comezo: Explanada da casa Forestal. Casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:

  • MASAT– MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
  • MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
  • CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
  • CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS DO MIÑO. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00

A previsión é que o ferry de A Guarda – Caminha retome o seu funcionamento a partir do sábado 8 de abril.

Para atender as consultas habilitarase un punto de información turística no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, do martes 11 ao sábado 15 de abril de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h. Para calquera dúbida, pódese chamar ao tel. 986 61 45 46.

A Semana Santa na Guarda xa comeza o venres 7 de abril coa celebración da Procesión Venres de Dor dende a Igrexa de Santa María as 21.00h.

Ademais este fin de semana poderase degustar a lamprea coa Ruta do Pincho da Lamprea do Miño en 8 bares e restaurantes. Esta é a última fin de semana para degustar a lamprea nun formato pincho a un prezo de 2 €.

Outra novidade para a Semana Santa da Guarda ven da man das Festas da Pascua de Buxán que celebran a primeira edición do Blessed Festival Buxán que ofrecerán música cun interesante cartel de Djs na Praza de Buxán dende as 23.00h

O domingo 9 terá lugar uns das celebracións relixiosas máis esperadas polas familias coa Bendición de Ramos e palmas no Auditorio da Praza de San Benito e despois misa cantada na Igrexa Parroquial.

Os eventos relixiosos máis destacados son as procesións. O xoves santo destaca a Procesión dos pasos ás 20.30h e o venres santo ás 11.00h Procesión do Santo Encontro e ás 20.30 a Procesión do Santa Enterro.

A Semana Santa da Guarda pecha coas Festas da Pascua de Buxán. O sábado 15 destacan os concorridos con xogos populares ás 16.00h e a verbena a partir das 23.00. O domingo 16 reservase a mañá para zorzada e polbo á feira e amenizada polo grupo Airiños do Folón. Para a tarde a festa do biscoito ás 16.00h e ás 19.30h o broche ás festas será a cargo da actuación do Grupo Abóbriga.

 

O concello da Guarda está presente nunha nova edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Esta feira, que acadou en 2014 o recoñecemento de Internacional, celebra do 1 ao 5 de febreiro a súa 18º edición no recinto de Expourense, ao que se espera que se acheguen miles de persoas durante estes cinco días.

Esta é a segunda feira á que concello da Guarda acude neste ano 2017 para promocionarse como destino turístico tras a súa participación na Feira Internacional de Turismo de Madrid o pasado mes de xaneiro. Nesta ocasión a representación do concello acude a unha cita coa gastronomía e o turismo para seguir impulsando o seu sector turístico nunha data que reúne 232 expositores procedentes de 11 países diferentes. Nestes días en Expourense estarán presentes 15 restaurantes e o recinto acollerá unha gran diversidade de actividades como un Encontro de Bloggers Gastronómicos de España e Portugal a través das redes sociais, numerosas catas e degustacións ou talleres didácticos con chefs de prestixio dos diversos países participantes. Ademais haberá conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte e ata máis de 200 actividades diferentes.

Deste xeito, ademais de recrear experiencias gastronómicas dos lugares presentes na Feira, como é o caso da Guarda, coa que se exaltan as materias primas e a gastronomía de cada destino, Xantar tamén é un punto de encontro dos recursos turísticos. Dentro do recinto de Expourense danse a coñecer os atractivos gastronómicos, paisaxísticos e históricos de cada rexión.

A Guarda conta co seu propio stand no que os visitantes poderán informarse das novidades da vila como a Rede do Museos, o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas, as festas e lugares de interese da vila ou as visitas guiadas que se poden realizar ao MASAT (Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega), ao Castelo de Santa Cruz ou ao Museo do Mar.

Trátase dunha feira á que se achegan visitantes de toda a provincia de Ourense, así como do norte de Portugal, de León e da provincia de Lugo, un público que tradicionalmente visita e pasa as súas vacacións de xeito asiduo na vila. Coa súa presencia, o concello da Guarda busca atraer visitantes de proximidade, que en pouco máis de hora e media podan achegarse á Guarda.

Ademais, sempre houbo unha forte vinculación con familias de Ourense que escollían A Guarda para os seus días de vacacións. Xantar serve para reforzar este vínculo e amplialo, dando a coñecer e promocionando os numerosos atractivos turísticos que ten para ofrecer a vila e as novidades dos últimos anos.

Neste ano 2016 incrementáronse as visitas ao Masat na maior parte dos meses, sobretodo nos meses de temporada baixa. Factor moi importante loitando así ca temida estacionalización do sector turístico.

En setembro, continuamos con ese incremento  pasando de 6170 persoas en 2015 a 6972 visitantes  en 2016.

O total de visitantes ao Trega tamén aumentou , o mes pasado visitaron o Trega 23983 persoas  mentras que o mesmo mes no 2015 subiron  22706 (datos recollidos na caseta de cobro, sen contabilizar polo tanto os turistas que acceden en luns ou colectivos de acceso gratuíto).

Con estes datos podemos afirmar que un 25% das persoas que acuden ó Trega tamén visitan o Masat.

Continuamos realizando visitas guiadas regulares ( de martes a sábado en diferentes horarios) cunha afluencia en setembro de 970 persoas .Tamén neste mes tivemos visitas de colexios  e de  diversos grupos cun total de 151 persoas.

A previsión para o mes de outubro é moi boa xa que parece ser que a climatoloxía vai ser favorable e varios colexios xa están ultimando as súas reservas.

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é a data gastronómica de referencia da zona do Baixo Miño pero non todo é comida nesta celebración. Os días 1, 2 e 3 de xullo, ademais de poder degustar a langosta e as delicias da cociña guardesa, os visitantes comprobarán como as rúas da Guarda se enchen de actividades culturais para todos os gustos e públicos.

Nesta edición a programación musical ofrece música moi variada para que todos os asistentes gocen da nosa festa gastronómica. A Orquestra FUTURO ofrecerá o seu espectáculo de música a todos os asistentes na noite do venres.

As mañás estarán amenizadas por concertos de grupos de pop-rock guardeses, ás 12,30 horas no Porto da Guarda. O sábado a actuación correrá ó cargo do grupo 2MIS e o domingo será a quenda de SONGODIN’S.

Na noite do sábado o escenario da carpa acollerá o serán mariñeiro. A partires das 22,30 horas grupos de música tradicional e as pandereitas ofrecerán boa música e entretemento a todos os asistentes.

No último día da celebración, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará, o domingo 3 de xullo, co espectáculo musical infantil de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo para toda a familia, que seguro fará as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa, ás 19 horas no Porto da Guarda. A continuación, no mesmo lugar ás 20 horas, dará comezo a “Noite de Fado” que inclúe a actuación da artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño

Durante a fin de semana os asistentes poderán percorrer a rúa do Porto e  visitar a recoñecida Feira de Artesanía. Como xa ven sendo habitual o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda e tamén se realizarán visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos.

Dentro das iniciativas culturais destaca “O muro da arte”, que invita a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e ademais a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego ofrecerá a súa exposición anual na Casa dos Alonsos e que se poderá visitar durante a fin de semana de 19 a 22 horas.