Os días 22 e 23 de decembro a última viaxe do ferry será ás 18’30 horas dende A Guarda

Por mor da coincidencia coa pesca da angula que se está a realizar estes días, o ferry verá modificado o seu horario. Tanto hoxe, xoves día 22 de decembro, como mañá o último servizo dende A Guarda será ás 18’30 horas e dende Caminha, a última viaxe se realizará ás 18 horas.

Ademais, infórmase que o sábado 24 e o domingo día 25 de decembro, coincidindo coa celebración do día de Nadal, non haberá servizo de ferry. Tampouco o vindeiro día 31.

En calquera caso, recórdase que para calquera dúbida os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.

Comentarios

Leave a Reply