O primeiro fin de semana de xullo comezou a funcionar o tren turístico coincidindo coa Festa da Langosta. Durante este mes foi modificando a ruta e realizando saída para atopar a mellor maneira de que o usuario desfrute da nova experiencia de visitar A Guarda.
O tren permite contemplar a paisaxe e o patrimonio da Guarda dunha maneira única, incluíndo as vistas desde o monte Santa Trega ata o particular porto guardés. A súa duración aproximada é de 1 hora e 15 minutos.
A saídas realízanse na rúa Rosalía de Castro, en horario de mañá (10:30, 11:45 e 13:00 horas) e en horario de tarde (16:15, 17:45 e 19:15), mais realizarán sempre unha parada previa, uns 15 minutos antes, no Porto da Guarda, para recoller aos usuarios que queiran subir ata o Monte Santa Trega.
Xa na cima do monte, o tren realiza unha parada duns 10 minutos para que os pasaxeiros e pasaxeiras admiren as vistas, fagan fotos ou visiten o MASAT.. Mais tamén poden quedar no Monte Santa Trega para desfrutar del con tranquilidade e baixar noutra das viaxes do tren.
O tren comezará a baixada do Monte ás 11:00, 12:15 e 13:30 horas da mañá e pola tarde ás 17:00, 18:30 e 20:00 horas. Alí mesmo, un matrimonio de Barcelona contou que eles baixaban e subían diariamente no tren, xa que estaban aloxados no Monte Santa Trega.
O prezo para os adultos é de 6€, mentres que residentes guardeses e nenos de 6 a 14 anos pagarán unha taxa reducida de 3€. O prezo inclúe tamén a taxa de acceso ao monte e a visita ao MASAT, ademais do propio paseo en tren.
O tren turístico conecta dous dos emblemas da Guarda, porto e monte, dun xeito único.
Para máis información, existen dou números de teléfono e de WhatsApp: 628 689 689 e 654 11 43 18.
Comentarios