O Gran Camiño deu comezo onte e o monte Santa Trega marcará o seu final decisivo o próximo sábado 18.
A quinta etapa, a etapa final, sairá desde As Neves para percorrer máis de 170 quilómetros ata chegar á Guarda. Neste caso, o pelotón pasará polos concellos de Arbo, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Tomiño, e realizará unha dobre subida ao Alto da Portela (2ª) para finalizar no Monte de Santa Trega (2ª).
Segundo as previsións, o pelotón pasará por primeira vez pola nosa vila arredor das 15:05h, chegando pola rúa José María Sesto e cruzando A Guarda pola rúa Galicia. De aí dirixiranse ao Alto da Portela e baixarán polo Rosal, cruzando inmediatamente A Gándara.
De novo pasarán polo centro da vila sobre as 15:58h para o segundo ascenso ao Alto da Portela, do que baixarán de novo para cruzar pola Gándara e comezar o ascenso ao Monte Santa Trega arredor das 16:48h.
Este percorrido, promete un final moi emocionante cos últimos metros de pedra do viacrucis do Monte Santa Trega.
Con motivo da etapa final haberá algunhas restricións de tráfico.
- – Non se poderá acceder ao monte a partir das 12:00h.
- – Non se poderá aparcar na rúa Julia Vaquero e no Paseo de Portugal (desde o Centro de Saúde ata o campo de fútbol da Sangriña)
- – Haberá cortes puntuais entre as 15:00 e 17:00h nos tramos do percorrido durante os pasos da carreira.



Comentarios