O Padroado Municipal do Monte Santa Trega e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda veñen de pechar o novo calendario de visitas guiadas regulaes e gratuítas ao Monte Santa Trega para este mes de xuño, cunha oferta de tres diferentes percorridos.
Aquelas persoas que desexen participar nunha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas que partirán cada sábado ás 12:00 h e ás 18:00 h do castro. Dende alí, as e os participantes percorreran primeiro o poboado, para máis tarde subir á cima do monte e visitar a ermida de Santa Trega e o MASAT. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.
Ás 11:00 e ás 17:00 h dos sábados ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas únicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración. Completando a programación, este ano ofertaranse visitas guiadas especiais polo barrio de Mergelina, no que recentemente se comezaron os traballos de restauración e consolidación. Este percorrido terá lugar os xoves con saída ás 17:00 h dende a Casa Forestal. Os e as participantes poderán coñecer os traballos realizados polos arqueólogos e aproximarse ao estilo de vida dos poboadores do castro, grazas aos traballos de excavacións realizados hai dous anos.
As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos. Os grupos formados por máis de 10 persoas deberán reservar a súa visita previamente chamando ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (986 610 504).
Próximamente anunciarase o novo calendario de visitas guiadas gratuítas para os meses de xullo e agosto de 2018, con horarios ampliados.
Comentarios