O acendido do alumeado marca o arranque da programación do Nadal 2020 na Guarda

• Este venres día 4 de decembro ás 18:15h realizarase o acendido do alumeado de Nadal
• A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é preciso realizar inscrición previa.


O mércores 2 de decembro a Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da Campaña de Nadal 2020, contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local e de Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, Festas e festexos populares.

O programa de actividades arranca xa este venres día 4 de decembro ás 18:15h co Acendido do Alumeado e animación polas rúa da vila con “A Luz do Camiño”.
A luz e a cor branca son os protagonistas do pasarrúas, onde ó ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante, transportarán aos nenos a un mundo de fantasía. Dende o Concello se pide á poboación evitar a aglomeración de persoas durante este pasarrúas, mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal.

A programación continúa na xornada do sábado día 5 de decembro ás 11:30h coa charla de Fernando Rego no Salón de Plenos e posterior concerto na Praza do calvario do grupo Helen & Shanna. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de “Running polo Camiño”, que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O sábado 12 de decembro ás 12:00h chega o momento dá música con “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.
Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, para todos os públicos.
Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas
O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.
Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
O martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).
O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)
O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidaspara que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.

 

 

 

 

 

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda
• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

• ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
No hall da Casa dos Alonso, realizada en colaboración coa A.C Alfombras da Guarda, sepode visitar en horario de 9:00h a 15:00h de luns a venres.

• AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

VENRES 4 DECEMBRO
Acendido do Alumeado e animación de rúa “A Luz do Camiño”
Polas rúa da vila a partir das 18:15 horas

SÁBADO 5 DECEMBRO
Charla Fernando Rego + Concerto Helen&Shanna
Na Praza do Reló ás 11:30 horas (inscrición previa)

VENRES 11 DECEMBRO
Teatro “Running polo Camiño”
No Centro Cultural ás 20:30 horas (inscrición previa)

SÁBADO 12 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas

XOVES 17 DECEMBRO
Concerto do Coro Infantil conservatorio
Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)

VENRES 18 DECEMBRO
“O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón
Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

SÁBADO 19 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas
Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”
Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO
“Os carteiros do Nadal”
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

SÁBADO 26 DE DECEMBRO
Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021

• ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
Na Casa dos Alonso, colabora A.C Alfombras da Guarda

• AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda (inscrición previa)

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro (inscrición previa)

Comentarios

Leave a Reply