Horarios na rede de museos e na oficina municipal de Turismo da Guarda

Dende o día 1 de outubro, entraron en funcionamento novos horarios na rede de museos municipal e na oficina de turismo, co peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.

A Oficina de Turismo Municipal prestará servizo de luns a domingo en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, mantendo o horario de verán ata finais de outubro.

O Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT) abrirá as súas portas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h, mantendo este horario ata finais de outubro.

O Museo do Mar, sito no final do paseo marítimo, estará aberto as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Pola súa banda o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz pecha as súas portas ata a vindeira primavera, quedando aberto o espazo público deste recinto fortificado.

Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

Comentarios

Leave a Reply