A Guarda gaña peso no Camiño Portugués da Costa con 2.439 peregrinos no albergue en 2017

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos e, como ven sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

En canto a súa procedencia, a meirande parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Portuguesa, alemá e polaca son as nacionalidades máis habituais entre os peregrinos que visitan A Guarda, aínda que tamén contamos con visitantes procedentes de países tan afastados como Corea, Vietman, China, Canadá ou Estados Unidos. De entre eles, moitos continúan o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, namentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite.

Agárdase que esta tendencia ascendente da popularidade do Camiño Portugués da Costa se manteña durante o presente o ano. Conta disto da a visita dos 155 peregrinos procedentes do norte portugués que o pasado sábado, 13 de xaneiro, realizaron a etapa dende Caminha ata Mougás (Oia) e foron recibidos polo alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio e Deporte, Xavier Crespo, ao seu paso pola vila guardesa.

Comentarios

Leave a Reply