Esta fin de semana comeza na Guarda o Mercado de Nadal

Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente(As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.

O alumeado de nadal está a espertar entre os guardeses e visitantes moita expectación, dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

Mercado de Nadal

Este venres día 13 de decembro arranca na Praza Avelino Vicente(As de Copas) o Mercado de Nadal, un espazo que abrirá as súas portas todos os días de 10:00h da mañá a 21:00h da noite e que contará con máis dunha ducia de stands con produtos coma herbas mediciñais, ambientadores, artesanía, bixutería, complementos, entre outros.

Ademais de contar as fins de semana con stands con oferta gastronómica entre a que destaca viño quente, cafés, ponches, chocolate quente, muffins, crepes, e moito máis. Este Mercado de Nadal estará aberto ata o 6 de xaneiro.

Nadal solidario Conrazones

O sábado 14 e Domingo 15 de decembro a Praza de Juan Bautista(Monterreal) será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario a cargo do colectivo Conrazones, que traballa con familias da nosa contorna. Este mercadillo estará aberto en horario de 10:00h da mañá a 18:00h da tarde.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.

Exhibición de patinaxe

Este venres ás 18:00h a Pista de Xeo será o escenario para unha Exhibición de Patinaxe a cargo dos deportistas locais do Clube A Guarda Hockey Liña.

AXENDA DE NADAL 2019/20

DECEMBRO

– SÁBADO 14 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.

– DOMINGO 15 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.

– XOVES 19 DECEMBRO
Obradoiro “Agasallos de nadal”
Na casa dos Alonso ás 18:00 (inscripción previa en información@aguarda.es, maiores de 12 anos)
Concerto de Nadal do Conservatorio
No Centro Cultural ás 20:00 h.

– SÁBADO 21 DECEMBRO
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 10:00 h.
Cantos de Nadal nas prazas cos Grupos Folclóricos da vila.
Recorrido: Alameda – Avelino Vicente – Praza do reló, a partir das 18:30 h.

– DOMINGO 22 DECEMBRO
Concerto de Panxoliñas.
Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.

– LUNS 23 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal.
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 24 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

– XOVES 26 DE DECEMBRO
Tarde de Xogos de mesa con Brazolinda.
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por J.M. Villa.
No bar A Bodega ás 20:30 h.

– VENRES 27 DECEMBRO
Espectáculo Infantil de Clown “Cartoons”
No Centro Cultural ás 17:30 h.

– SÁBADO 28 DECEMBRO
Concerto de Indie Rock co grupo Inertes.
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– LUNS 30 DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 31 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

XANEIRO

– XOVES 2 XANEIRO
Obradoiros de Nadal
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 16:30 h.

– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.

– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

EXPOSICIÓNS

– Exposición dereitos Humanos e Diversidade afectivo sexual e de xénero.
Na casa dos Alonso do 4 ó 18 de decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

– Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño
Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.

– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

E ADEMAIS…

PISTA DE XEO
Do 5 de Decembro ó 19 de Xaneiro
Na Alameda

MERCADO DE NADAL
Do 13 de Decembro ó 6 de Xaneiro
Na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

SORTEOS ACIGU

Comentarios

Leave a Reply