O Padroado Municipal ofrece visitas guiadas ó Monte de Santa Trega durante os fins de semana e festivos até outubro

Aqueles interesados en coñecer os valores arqueolóxicos, relixiosos, patrimoniais e paisaxísticos do Monte guardés poderán presentarse no Museo Arqueolóxico, dende onde partirán as visitas guiadas organizadas polo Padroado Municipal durante os fins de semana e días festivos dos meses de xullo, agosto e setembro.

As visitas comezan ás 12:30 e 17:00 horas. Terán unha duración de 90 minutos, cun percorrido polo Museo e posterior descenso a pé até o Castro de Santa Trega. Paralelamente, realizaranse visitas guiadas centradas unicamente no Castro, cunha duración de 30 minutos e con saída ás 16:00 horas dende o asentamento castrexo.

As visitas guiadas son gratuítas e non precisan de inscrición previa, de xeito que os interesados deberán presentarse á hora de comezo da visita nos puntos de encontro sinalados para cada percorrido.
Os grupos de máis de 10 persoas poderán realizar visitas concertadas baixo reserva previa no MASAT (no teléfono 986 610 504 ou en masat@aguarda.es), sempre que non coincidan cos horarios das visitas regulares.

Comentarios

Leave a Reply