A Guarda trae un Nadal cheo de actividades para toda a familia

As datas festivas están á volta da esquina e para desfrutar delas, A Guarda ten unha programación chea de actividades para toda a familia.

A música será a gran protagonista, con concertos e pasarrúas, mais tamén haberá contacontos e espectáculos de maxia ou circo. Ademais recibiremos visitas moi especiais, como Papá Noel, as carteiras reais e os Reis Magos.

Durante as vindeiras semanas, irase dando a coñecer máis información sobre cada unha das actividades.

Comentarios

Leave a Reply