Este martes a Casa dos Alonso acolleu a presentación da Axenda coa programación para este Nadal 2019/20, que ven cargado de actividades para nenos e maiores.
Neste acto de presentación interviron Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Fátima Rodríguez, Concelleira de Comercio e Desenvolvemento Local e Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura.
Tal e como quedou de manifesto A Guarda terá un Nadal moi especial este ano, repetindo a Pista de Xeo na Alameda da Guarda, incorporando un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e un espazo para Obradoiros e actividades infantís na Praza de Juan Bautista e, xa para por o broche final, unha Cabalgata de reis magos moi especial.
As actividades programadas arrancan xa na xornada deste xoves co acendido do alumeado de Nadal, unha xornada que comezará a partires das 18:00h da tarde na Praza do Reló con actuación de Mere-Clown co espectáculo “Aparvaolimpiadas”, o acendido do alumeado de Nadal e o concerto infantil de “Luis Vallecillo”.
Variedade de propostas para todas as idades
Entre as actividades culturais destacan, Animación e Ludoteca para nenos/as, Concertos para a mocidade, Cantos de Nadal e Concertos do Conservatorio.
Tamén cabe destacar a implicación por parte das Asociacións, que colaboran como cada ano na decoración das prazas na campaña Decora o Teu Nadal e acompañando ós Reis Magos na Cabalgata do día 5 de xaneiro, ou organizando mercadillos solidarios, exposicións, chocolatadas e sorteos de cheques regalo.
Contaremos ademais como no ano anterior cunha Pista de Xeo na Alameda da Guarda, e como novidade deste ano, un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e acompañamento das carrozas de “La Fiesta Escénica” na Cabalgata de Reis cun percorrido dende a Alameda ata o concello ás 18:00 h.
Este ano preténdese sacar á rúa a programación de actividades de nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local.
Pista de Xeo
A Alameda da Guarda contará novamente cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento do 5 de decembro ao 19 de xaneiro.
O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, tamén se poderán mercar “in situ” na Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.
Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha Pista de Xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal Guardés.
Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.
AXENDA DE NADAL 2019/20
DECEMBRO
– XOVES 5 DECEMBRO
Acendido do Alumeado coa actuación de Mere-Clown “Aparvaolimpiadas” e “Luis Vallecillo” concerto infantil.
Na praza do reló a partir das 18:00 h. (ás 19:00 encendido de luces)
– XOVES 12 DECEMBRO
Anotación de paxes reais para participar na cabalgata de reis
No Rexistro Xeral ou Sede Electrónica a partir das 9:00 h
Actuación do Coro Infantil do Conservatorio
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
– SÁBADO 14 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.
– DOMINGO 15 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.
– XOVES 19 DECEMBRO
Obradoiro “Agasallos de nadal”
Na casa dos Alonso ás 18:00 (inscripción previa en información@aguarda.es, maiores de 12 anos)
Concerto de Nadal do Conservatorio
No Centro Cultural ás 20:00 h.
– SÁBADO 21 DECEMBRO
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 10:00 h.
Cantos de Nadal nas prazas cos Grupos Folclóricos da vila.
Recorrido: Alameda – Avelino Vicente – Praza do reló, a partir das 18:30 h.
– DOMINGO 22 DECEMBRO
Concerto de Panxoliñas.
Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.
– LUNS 23 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal.
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.
– MARTES 24 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.
– XOVES 26 DE DECEMBRO
Tarde de Xogos de mesa con Brazolinda.
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por J.M. Villa.
No bar A Bodega ás 20:30 h.
– VENRES 27 DECEMBRO
Espectáculo Infantil de Clown “Cartoons”
No Centro Cultural ás 17:30 h.
– SÁBADO 28 DECEMBRO
Concerto de Indie Rock co grupo Inertes.
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
– LUNS 30 DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.
– MARTES 31 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.
XANEIRO
– XOVES 2 XANEIRO
Obradoiros de Nadal
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 16:30 h.
– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.
– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.
EXPOSICIÓNS
– Exposición dereitos Humanos e Diversidade afectivo sexual e de xénero.
Na casa dos Alonso do 4 ó 18 de decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
– Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño
Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.
– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.
E ADEMAIS…
PISTA DE XEO
Do 5 de Decembro ó 19 de Xaneiro
Na Alameda
MERCADO DE NADAL
Do 13 de Decembro ó 6 de Xaneiro
Na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)
SORTEOS ACIGU
Comentarios