A Asociación O Piueiro ofrece este martes unha tarde de saídas co seu volanteiro pola costa da Guarda

Este martes 21 de setembro será a última oportunidade deste verán para coñecer o Volanteiro O Piueiro, embarcación tradicional á vela que foi recuperada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.

Esta asociación organiza para a tarde do martes 3 saídas de navegación pola costa da Guarda. A primeira saída está prevista para as 16:00 hora e a duración aproximada é duns 70 minutos.

Nesta ocasión a inscrición realizarase polos membros da Asociación Piueiro no mesmo día e a partir das 15:30h no punto de saída do volanteiro que é o peirao pesqueiro (nas escaleiras do muelle interior).

A idade mínima para participar é de 10 anos.

Comentarios

Leave a Reply