A Guarda presenta a Axenda de Verán 2019

A Guarda presenta a Axenda de Verán 2019

O Concello da Guarda presentou este xoves a Axenda de Verán 2019, na que se inclúe toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Na presentación a Concelleira de Cultura en funcións, Elena Baz, resaltou a importancia no tecido asociativo da vila para poder contar cunha axenda moi completa e con actividades de todo tipo, culturais, deportivas, de lecer, entre outras.

Antonio Lomba, Alcalde en funcións, quixo destacar que A Guarda ten unha intensa actividade a nivel cultural, con propostas para todas as idades, contando ademáis na tempada estival con importantes eventos como as Festas de San Antonio, San Xoán, Corpus, Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa do Peixe Espada, Festas do Carme, Festas do Monte, numerosos concertos e festivais musicais e, este ano tamén, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, un atractivo máis para os nosos veciños e veciñas, pero tamén para os milleiros de visitantes que cada ano elixen A Guarda para pasar as súas vacacións.

Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo en funcións, esta axenda é o resultado dun traballo minucioso, e tamén participativo, no que se involucraron varios departamentos municipais como o de Turismo, Cultura ou Deportes, e tamén as diferentes asociacións e colectivos que ano a ano participan activamente no día a día do municipio.

A Axenda de Verán 2019 do Concello da Guarda recolle os principais eventos para este verán, incluíndo os festexos, concertos, festivais, exposicións, eventos deportivos, entre outros.

A axenda está dispoñible para a súa descarga dende a web municipal e tamén nos diferentes espazos públicos municipais e establecementos comerciais da vila.

Descargar axenda aquí

 

Comentarios

Leave a Reply