A Guarda inaugura este venres unha exposición fotográfica sobre as Alfombras Florais

A Guarda inaugura este venres unha exposición fotográfica sobre as Alfombras Florais

O vindeiro venres día 7 de xuño ás 20:00h terá lugar na Casa dos Alonsos da Guarda a inauguración dunha Exposición fotográfica que quere resaltar o traballo realizado ao longo de moitos anos polas alfombristas da Guarda.

A Exposición, que leva por nome «Alfombras Florais da Guarda», estará na Casa dos Alonsos dende o venres 7 de xuño ata o domingo 23 de xuño en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

«Alfombras Florais da Guarda» é unha mostra que recolle o percorrido da tradición da creación de alfombras elaboradas con flores e outros ornamentos naturais para engalanar as rúas da vila en datas especiais. Trátase dunha costume cunha longa traxectoria na vila e cunha importante bagaxe cultural vinculada inicialmente ó ámbito relixioso e que forma parte sen dúbida do patrimonio cultural da vila guardesa.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus no pobo da Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Dende esta exposición abordarse a temática desde tres puntos de vista, por unha banda o aspecto histórico, repasando os antecedentes e datas sinaladas sen os cales non se entendería a grandeza desta festividade, por outra banda o Organizativo, amosando como se organizan e elaboran as alfombras e xa para finalizar o aspecto dos percorridos, representando as rúas onde se realizan as alfombras, os rezos e bendicións e demais celebracións asociadas a este evento.

Comentarios

Leave a Reply