Coa entrada do mes de xullo estase procedendo a apertura de varios servizos e infraestruturas turísticas como o Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar.

Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)

O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.

O horario de apertura é de martes a domingo de 9.00h e 20.30h nos meses de xullo e agosto.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

Museo do Mar

O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.

Tasas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 anos
•Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

O horario de verán ata o 15 setembro, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.