Descubre A Guarda nesta Semana Santa

A Guarda convértese na Semana Santa na referencia do Baixo Miño cunha gran tradición das súas celebracións relixiosas. Pero ademais, a chegada do bo tempo permite visitar a vila mariñeira desfrutando ao máximo das súas paisaxes e historia.

No porto da Guarda está instalada a exposición “A Camelia: flor de galegas e galegos”. Esta exposición permite coñecer máis sobre a historia, a economía, os nomes, os produtos…da flor de Galicia. Mentres que na Casa do Concello estará a exposición de maquetas de casas indianas da Guarda en horario de mañá.

A xoia da Guarda é o castro do Monte Santa Trega. Para esta Semana Santa organízanse visitas gratuítas ao castro, un dos máis importantes de todo o norte da Península Ibérica. De mércores a sábado haberá visitas ás 11:00 e 12:30h e , en horario de tarde ás 16:30h e 18:00h.; o domingo só haberá visitas en horario de mañá. Estas visitas permiten coñecer a vida do castros de hai máis de dous mil aos e o seu proceso de descubrimento.

O punto de encontro para estas visitas gratuítas é o aparcamento da casa Forestal; e durante 45 minutos percorrerán o barrio da Mergelina e as casas reconstruídas. No monte xa se poderán visitar a ermida de Santa Trega e o seu viacrucis. Ademais, non hai mellor lugar que o monte para desfrutar das mellores vistas do Baixo Miño e cara o estuario do río.

Nas celebracións relixiosas destacan as procesións que percorren a vila coas imaxes. O Xoves Santo, ás 21:00h saldrá a procesión dos Pasos. Xa para o Venres Santo, ás 11:00h celébrase a procesión do Encontro coa súa receación na praza do Reló. Mentres que pola noite, ás 21:00h saldrá a procesión do Santo Enterro.

Co fin de semana, o sábado ás 8:00h celébrase a Procesión da Soidade, e en horario nocturno, ás 22:00h, será a solemne Vixilia Pascual. Para rematar as celebracións relixiosas, o Domingo de Pascua coa misa solemne e a bendición ás 11:30h.

Para darse un gusto ao paladar, o sábado instalarase unha foodtruck na praza de Avelino Vicente. Quen se acerque poderá desfrutar do sándwich de Juan Collazo “Galicia en pan”, que foi finalista no concurso de Delikia “El sándwich más bueno del mundo”. Estará na tarde do sábado de 19h a 23h e os beneficios irán para a Comisión de Festas do Monte.

Comentarios

Leave a Reply