Esta Semana Santa volven as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, organizadas polo Patronato do Monte Santa Trega. Estas visitas son de carácter gratuíto e non precisan reserva.
Como punto de encontro para o comezo é o aparcamento da Casa Forestal, xusto despois de pasar a zona do castro pola estrada. Durante 45 minutos as persoas asistentes aprenderán sobre a historia do castro e da vida dos seus habitantes. A visita céntrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro, nun percorrido de menos dun kilómetro que inclúe o Barrio da Mergelina e as viviendas reconstruídas.
Para esta Semana Santa organízanse ata catro visitas diarias de mércores a sábado: dúas en horario de mañá, ás 11:00h e ás 12:30h; e dúas pola tarde, ás 16:30h e ás 18:00h. O domingo só se realizaran as visitas en horario de mañá.
Estas visitas pódense completar coa visita ao MASAT (Museo Arqueolóxico Santa Trega) na cima do monte, así como coa visita á capela ou cun percorrido ás sendas de sendeirismo e aos miradores de 360º que ofrece o monte.


Comentarios