Aberto o prazo para a adxudicación dos postos da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

O Concello da Guarda segue apostando pola promoción da gastronomía coa celebración da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na primeira fin de semana de xullo polo que abre o procedemento administrativo para a adxudicación dos postos para a celebración desta festa gastronómica.

No 2025, última edición da prórroga dos postos, acordouse ampliar a festa comenzando o venres no xantar e incrementando os metros da carpa para acoller a máis comensais.

Neste ano 2026 celebrarase a XXXIV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 3, 4 e 5 de xullo, e trala experiencia positiva do ano pasado manterase o mesmo formato:

  • apertura da carpa e comezo da degustación iniciarase ás 12:00h do venres
  • carpa de 1.200 m² para os postos e con mesas e cadeiras para 600 persoas.

O total de postos ofertados son 9 ao igual que en 2022 realizase unha procedemento administrativo para a adxudicación dos seguintes postos:

  • 6 Restaurantes.
  • 1 Cafetería.
  • 1 Adega de DO Rías Baixas.
  • 1 Confeitaría.

A tramitación realizase mediante a licitación a través da plataforma de contratación do sector público do Estado, dispoñible no perfil do Concello da Guarda (expediente 63/2026). O prazo de presentación de proposición remata as 23:59h do martes 10 de marzo.

As persoas interesadas en participar nesta licitación deberán tramitar a través da plataforma de contratación pero na web do Concello inclúese a documentación para a súa descarga e facilitar o seu coñecemento:https://www.aguarda.es/aberto-o-prazo-para-a-adxudicacion-dos-postos-da-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineira/

Comentarios

Leave a Reply