A finalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.

Prazo de presentación das solicitudes: 10/01/2024 ás 9:00h ata o 26/06/2024 ou ata esgotar o crédito.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009), entre outras:

– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)

– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.

– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.

– Sección S: outros servizo, só divisións 95 e 96.

Tramitación:

Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)

Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.No caso de que a solicitude recolla exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 2 de outubro de 2024.

Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono asesoramento enerxético: diagnoses e auditorias enerxéticas.
• Bono envolvente: elementos de control solar (toldos de control solar e/ou térmico).
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA 29/11/2023 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme).

No boletín Nº 200 da Xunta publicase as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos de aloxamento e axencias de viaxes no programa Bono turístico #DescubreGaliciaenOutono.

O prazo de adhesión estará aberto ata o 1 de decembro e os interesados en adherirse deberse a través da web bonoturismo.gal

Requisitos:
• Establecementos de aloxamento situados en Galicia: establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.
• Axencias de viaxe que teñan un centro de traballo na comunidade galega prestando servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa en Galicia.
• As empresas deben estar inscritas no REAT e precisan a sinatura ou código identificador do establecemento.

O bono turístico da Xunta de Galicia conta este ano con novidades respecto á edición anterior. Desta quenda empregarase un sistema de descarga e uso diferente. Nesta edición, non se habilitarán tarxetas moedeiro prepago, senón que se porán en circulación 10.000 bonos desconto, en formato de código QR, por valor de 100 € cada un. A través deste, poderase gozar de descontos do 40% en cada compra ata esgotar o saldo do bono.

Beneficiarios do bono
As persoas interesadas en solicitar o bono turístico poderano facer a partir do vindeiro venres, 27 de outubro, ás 09:00 horas, a través da web bonoturismo.gal. A data límite para empregar o bono nos establecementos adheridos será o 25 de decembro.

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local inicia neste mes de marzo unha oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

Despois de realizarse unha enquisa entre o tecido empresarial, na que se propuxeron un total de 16 obradoiros a elixir e diferentes horarios para a súa realización, seleccionáronse un total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila, mesmo engadindo algunha demanda que non estaba no listado inicial.

Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021 e que, nesta primeira parte de ano 2023, inclúen un total de 5 obradoiros.

As accións formativas de “EspecializAcción” comezan xa na xornada do 14 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h co obradoiro de Barista Básico impartido por Csaba Bóka, un entrenador profesional de baristas e participante en campionatos do mundo que será impartido en Xorxios, na Estrada Costa dos Soldados (Antigo Restaurante Barbela).

O segundo obradoiro de LatteArt, decoración cafés realizarase na xornada do 21 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h, tamén será impartido por Csaba Bókano en Xorxios en Camposancos.

Na xornada do 28 de marzo en horario de 20:30h a 22:30h a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de Empaquetado de regalos creativo, impartido por Noelia e Ramón da Papelería Artesanal Papelier de Baiona.

O penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” chega á Casa dos Alonso o 11 de Abril en horario de 20:30h a 22:30h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram.

Xa para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30h a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

Estes obradoiros teñen unha duración aproximada de dúas horas e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, as prazas son limitadas a 10 persoas para os obradoiros de Barista básico, LatteArt decoración de cafés, e a 15 persoas para os de Empaquetado de regalos creativo, Publicidade en Facebook e Instagram e Posicionamento SEO. As inscricións estarán abertas ata dous días antes de cada acción formativa ou ben ata completar o aforo.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas organizan unhas xornadas de divulgación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas,  que terán lugar entre o 15 de febreiro e o 1 de marzo en sete concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

Os beneficios que ofrece para a súa empresa son, entre outros:

  • Mellorar a xestión interna, estruturando os procesos.
  • Xerar un sistema documental.
  • Orientar as e os responsables sobre posibles melloras.
  • Incrementar a cualificación do equipo mediante un plan formativo.
  • Recibir asistencia técnica e apoio para acadar a mellora continua.
  • Exhibir un distintivo que acredite o nivel de calidade obtido tras un proceso de avaliación anual.

Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e por Turismo Rías Baixas.

A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora da competitividade nas entidades do sector turístico e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e  mellora continuas.

A xornada do mércores 15 de febreiro ás 16.30 horas tamén se poderá seguir en liña en directo, a través da ferramenta Zoom.

Estas son as datas e lugares das xornadas que se repetirán en 7 vilas:

  • Mércores 15/02 – 11:00h en Vigo na sede da Deputación (rúa Eduardo Chao, 7).
  • Mércores 15/02 – 16:30h en Pontevedra na sede de Turismo Rías Baixas (Palacete das Mendoza, avda. Santa María s/n).
  • Xoves 16/02 – 11:00h no Grove na sala de Cunchas do Concello (Praza do Corgo, 1).
  • Xoves 16/02 – 16:30h en Vilagarcía de Arousa no Auditorio Municipal (Praza da 2ª República, avda. Marina, 23).
  • Martes 28/02 – 11:00h na Oficina de Turismo de Redondela (rúa Isidro Queimaliños, 2).
  • Martes 28/02 – 16:30h no Auditorio de Nigrán (avda. Castelao, 2).
  • Mércores 1/03 – 11:00h no Casal de Ferreiros en Poio (Avda. Andurique, 43).

Máis información e formulario para a inscrición previa (incluida a xornada online) en https://turismoriasbaixas.com/gl/xornadas-sicted-2023

Desde a Concellería de Desenvolvemento Local estase planificando o programa de formación para empresas do 2023, e valórase incluír formación específica para hostalería.

Para definir dito programa necesitamos da vosa colaboración cubrindo esta breve enquisa na que poderedes deixar constancia dos vosos intereses e necesidades de formación.

Prema no enlace para cumprimentar a enquisa, que estará dispoñible ata o 31 de xaneiro.

Este ano, ao igual que en edicións anteriores, o Concello contará coa colaboración de diversas asociacións culturais e sociais da vila que se encargarán de decorar varias prazas durante as festas do Nadal baixo o proxecto “Decora o teu Nadal”. O deseño de cada decoración correrá a cargo das asociacións e o Concello proporcionará os materiais que necesiten.

Para complementar esta iniciativa e facer un pouquiño máis diferente o Nadal na Guarda, desde o Concello encargáronse dous elementos decorativos de gran tamaño que serán confeccionados en madeira, e que se situarán na Alameda e na Praza de Avelino Vicente, como reclamo para as persoas visitantes e consumidores/as, pero especialmente pensados para o desfrute das crianzas.

Ao igual que coas asociacións, e seguindo esa mesma liña de colaboración, o Concello desexa convidar a todos os pequenos negocios da vila a participar no pintado e preparado destes elementos. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través de Whatsapp ou chamada telefónica ao 679 074 381 ata o 14 de novembro.

Grazas por anticipado pola vosa colaboración e un saúdo!

Informática San Benito comezará en febreiro o curso online HOTR040PO GESTIÓN DA RESTAURACIÓN (Formación profesional de hostalería)

Dirixido a:

  • Traballadores do réxime xeral do sector Hostalería/Turismo.

  • Traballadores en situación de ERTE/ERE de calqueira sector.

  • Autónomos de calquera sector.

  • Desempregadors

Curso de 100 horas e gratuíto onde o alumno formarase no sector, na realización de proxectos de viabilidade de implantación nun restaurante, analizando a organización e planificación, control de costes e as normas de seguridade e hixiene en restauración.

Inscrición nos teléfono 986 60 89 20 ou 608 84 40 58

Prema para máis información.

O Concello da Guarda pon en marcha a campaña informativa “Consume Local na Hostalería da Guarda” coa difusión dos restaurantes e bares que ofrecen servizo de recollida no local ou entrega a domicilio.

Coa entrada en vigor das novas restriccións sanitarias o pasado 27 de xaneiro que afectan directamente a hostalería e limitan o seu funcionamento volvese a actualizar esta campaña.
“Consume Local na Hostalería da Guarda” ten unha doble finalidade, incentivar o consumo dos vecinos nos establecementos en funcionamento e ser un recopilatario dos locais e os servicios que prestan servizo.
Este cartel é última actualización realizada coa información trasladada polos restaurantes e bares.

Clic para ampliar a imaxe