20/12/2023 Publicada unha nova convocatoria para solicitar a subvención do Bono Enerxía Peme para hostalaría, empresas hostalería e outros.

A finalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.

Prazo de presentación das solicitudes: 10/01/2024 ás 9:00h ata o 26/06/2024 ou ata esgotar o crédito.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009), entre outras:

– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)

– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.

– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.

– Sección S: outros servizo, só divisións 95 e 96.

Tramitación:

Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)

Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.No caso de que a solicitude recolla exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 2 de outubro de 2024.

Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono asesoramento enerxético: diagnoses e auditorias enerxéticas.
• Bono envolvente: elementos de control solar (toldos de control solar e/ou térmico).
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA 29/11/2023 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme).

Comentarios

Deja una respuesta