PESQUEIRAS

Pesqueira playa o Muíño

A desembocadura do Miño esta salpicada de pesqueiras. Na praia do Muíño e no Puntal, cando a marea está baixa aprécianse os vestixios destas pesqueiras do século XVIII. Trátase dun recinto semicircular de pedra no que se botaba o cebo para atraer os peixes que quedaban atrapados dentro da pesqueira cando baixaba a marea.

CETARIAS

Cetaria

No s. XIX constrúense varias cetarias. A proximidade ao mar permitía que nelas entrase a auga necesaria para manter vivos aos crustáceos como a afamada lagosta, lubrigantes, nécoras etc. que neste viveiro gardábanse. Consérvanse restos de varias destas cetarias, sendo a coñecida como Cetaria Redonda ou de Pepe Sobrino a mellor conservada e accesible se as condicións do mar permíteno.

SALINAS

Salinas

A costa guardesa, tanto no tramo final da desembocadura do Miño como pola costa oceánica, está salpicada de numerosas salinas, unhas veces exentas, moitas veces traballadas na roca. Presentan un pequeno rebaixe de apenas dous centímetros de profundidade. En 2015 levou a cabo unha intervención arqueolóxica no Seixal que confirmou a existencia de importantes salinas posiblemente de época romana.

GAMELA

gamela

É unha das embarcacións tradicionais máis antigas que se empregou ata hai pouco polos mariñeiros da Guarda na pesca de baixura. Trátase dunha embarcación de madeira duns 5 metros de eslora e dúas de manga, con fondo plano que se desprazaba a remo e a vela.

FACHADA MARÍTIMA

fachada maritima sur

Forma parte do núcleo histórico e é unha das estampas máis características da Vila. Xérase coa tipoloxía das construcións, de arquitectura mariñeira entre medianeiras, típica das rías baixas galegas. Esta fachada está englobada no barrio da mariña e as súas edificacións máis antigas están situadas entre o paseo marítimo e a rúa Malteses. A orixe deste barrio remóntase ao século XV-XVI, época na que se asentaron os primeiros poboadores dedicados ás tarefas de pesca. Até hai pouco tempo o barrio estivo habitado exclusivamente por pescadores. Polo seu colorido e variedade de formas é unha das paisaxes mais fotografados e que mellor identifican a vila  da Guarda.

DOCAS

Docas (Embarcaderos del Miño)

Tradicionalmente a ribeira do Miño tivo unha especial importancia como porto. No século XIX no barrio do Pasaxe (Camposancos) transformáronse e melloráronse as instalacións coa construción de embarcadoiros, coñecidos como As Docas, de finais do século XIX, para permitir a atracada dos barcos e facilitar a carga e descarga das mercadorías. Recentemente foron consolidadas e seguen sendo utilizadas polas embarcacións de pesca e de recreo con zonas verdes e de recreo. Existen ademais estaleiros que se dedicaban á construción e reparación de embarcacións de pesca tradicional.

INMATERIAL

Antonio Adrover González

O patrimonio cultural non se limita a obxectos e monumentos, tamén inclúe os coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración. A Guarda realizou un importante traballo na conservación de dito patrimonio nas diferentes ediciones da Mostra das Tradicións Mariñeiras e  na recompilación e divulgación das aportaciones dos máis maiores no proyecto Tesouros Vivos do Mar.