Mes do Libro 2023

Do 1 ao 30 de abril: III Ruta do Libro. Polo gasto mínimo de 30€ en libros nas librerias a vila, recolle un agasallo na Biblioteca Municipal. Sábado 1: Presentación do poemario "De Mar a Mar" de Feliciano Rolán e traducido ao galego por Anxo Angueira ás 12:00h na Casa dos Alonso (cambiado por choiva).

Barferencias A Guarda 2023

Venres, 14 de abril - 20:00h - Restaurante Couto. "O cuncheiro da porta sur do Trega: novidades e perspectivas" Interveñen: Brais X. Currás e Eduardo González Gómez Agüero. "A orfebrería do Trega" con Óscar García Vuelta. Xoves, 11 de maio - 20:00h - Restaurante Os Remos " Cal é a orixe da antiga muralla" Interveñen:

Presentación e firma de Samuel Ferro

Centro Cultural

Samuel Ferro presenta o seu libro "Tierra de Leyenda I: el legado de Breogán". Ambientado na Galicia medieval de 1351. No Centro Cultural.

Concerto “Se cantas es ti quen cantas…”

Igrexa Parroquial de Santa María

Concerto a cargo do Coro de Cantares de Brueiro dirixidos polo guardés Tino Baz. Na Igrexa Parroquial de Santa María ás 18:00h

Degustacións coa campaña “Galicia sabe Amar”

Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

Durante o venres e sábado a furgoneta da Campaña "Galicia sabe AMar" ofrecerá degustacións gratuítas de produtos do mar e da terra. Praza de Avelino Vicente. Días: venres 28 e sábado 29 de abril. Horario: 11:30 a 14:00 e 16:30 a 20:00  

Concerto de Primavera

Concerto coa estrea do pasadoble galego "A Guarda" composto por José Luis Represas e tamén participarán os grupos: Coro Cantábile Coro da Terceira Idade e Pensionista da Guarda Agrupación Coral Polifónica A Guarda Agrupación Musical da Guarda Terá lugar no Auditorio de San Benito. En caso de mal tempo trasladarase ao Colexio dos PP Somascos.

Roteiro pola zona vella “Historias mulleres guardesa”

Ruta guiada pola zona de vella amosando as historias de mulleres guardesas. Punto de encontro na Praza do Reló ás 20:30h. Inscrición previa en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986614546. Actividade gratuíta.

Andaina “Historias de mulleres guardesas”

Andaina polas parroquias de Salcidos e Camposancos amosando as historias de mulleres guardesas. Punto de encontro na Alameda ás 10:30 h. Inscrición previa en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986614546. Actividade gratuíta.

Visitas guiadas ao Castro de Santa Trega

Oferta de visitas guiadas regulares para os visitantes do Monte Santa Trega. Xuño e setembro: sábado e domingo en dúas quendas: 12:00 e 17:00h Xullo e agosto: de martes a domingo en catro quendas: 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h Duración de 45 minutos cun percorrido polo Castro de Santa Trega. Punto de encontro: aparcadoiro da

Sostendo o Futuro, actividades medioambientais

Luns, 5 de xuño Día do Medio Ambiente: "Plogging" O alumnado dos centro educativos participarán na recollida de lixo por diferentes espazos da nosa contorna.   Venres, 23 de xuño: Obradoiro “As abellas e as aromáticas” Castelo de Santa Cruz ás 19:30h. Dirixido a nenos entre 3 e 12 anos cunha duración de 2 horas.

Festa do Santísimo (alfombras florais)

Na noite do sábado ao domingo os veciños organizados por rúas do centro histórico e porto elaboran as alfombras florais e de sal tinguido de cores. Os veciños e todos os interesados en participar traballan durante toda a noite e parte da madrugada. Durante o domingo pódense observar as elaboradas alfombras con deseños moi coloridos e