A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é a data gastronómica de referencia da zona do Baixo Miño pero non todo é comida nesta celebración. Os días 1, 2 e 3 de xullo, ademais de poder degustar a langosta e as delicias da cociña guardesa, os visitantes comprobarán como as rúas da Guarda se enchen de actividades culturais para todos os gustos e públicos.

Nesta edición a programación musical ofrece música moi variada para que todos os asistentes gocen da nosa festa gastronómica. A Orquestra FUTURO ofrecerá o seu espectáculo de música a todos os asistentes na noite do venres.

As mañás estarán amenizadas por concertos de grupos de pop-rock guardeses, ás 12,30 horas no Porto da Guarda. O sábado a actuación correrá ó cargo do grupo 2MIS e o domingo será a quenda de SONGODIN’S.

Na noite do sábado o escenario da carpa acollerá o serán mariñeiro. A partires das 22,30 horas grupos de música tradicional e as pandereitas ofrecerán boa música e entretemento a todos os asistentes.

No último día da celebración, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará, o domingo 3 de xullo, co espectáculo musical infantil de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo para toda a familia, que seguro fará as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa, ás 19 horas no Porto da Guarda. A continuación, no mesmo lugar ás 20 horas, dará comezo a “Noite de Fado” que inclúe a actuación da artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño

Durante a fin de semana os asistentes poderán percorrer a rúa do Porto e  visitar a recoñecida Feira de Artesanía. Como xa ven sendo habitual o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda e tamén se realizarán visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos.

Dentro das iniciativas culturais destaca “O muro da arte”, que invita a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e ademais a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego ofrecerá a súa exposición anual na Casa dos Alonsos e que se poderá visitar durante a fin de semana de 19 a 22 horas.

Comentarios

14 marzo, 2016
Hola, esto es un comentario. Para borrar un comentario simplemente accede y revisa los comentarios de la entrada. Ahí tendrás la opción de editarlo o borrarlo.

Deja un comentario