CASTELO DE SANTA CRUZ

Puerta de la Villa en Santa Curz

O Castelo de Santa Cruz forma parte das fortalezas e sistemas defensivos que se construíron no tramo final do río Miño durante a Guerra de Independencia no s. XVII entre España e Portugal.

A fortaleza, coñecida popularmente como Castelo, construíuse ao redor de 1664 e para acelerar a construción utilizouse pedra da muralla medieval que rodeaba a vila. A planta é de polígono irregular, con catro baluartes que sobresaen da muralla. Nos baluartes localízanse as garitas ben labradas en pedra. O acceso realízase a través da Porta da Vila, que sobe perpendicular á rúa Porto Rico e da Porta de Socorro que se accede por un paseo desde a rúa Santo Domingo de Guzmán.

No patio de armas había capela, casa para o gobernador, cuartel para as tropas, cortes, almacéns, polvoreira, carnicería, etc; instalacións detalladas nos planos que se conservan aínda que non permanezan restos das mesmas.

A pesar da resistencia das tropas e veciños ao mando do Gobernador militar Jorge de Madureira, o castelo foi tomado polo exército portugués en novembro de 1665 ao mando do Conde de Prado. Estivo ocupado até o fin da guerra en 1668.

Os franceses tomarían de novo a fortaleza en 1809 pero a ocupación duraría tan só uns meses. Coa desamortización de mediados do século XIX permanece en mans de particulares ao redor de 150 anos ata a súa recente recuperación para uso público.

Paseando polo recinto amurallado distintas mesas interpretativas e varias audioguías descargables desde un smartphone permiten coñecer a fortaleza en profundidade. O Centro de Interpretación permite comprender esta fortaleza no marco dun sistema defensivo moito máis amplo.

Horario de apertura como espacio público:

  • 10:00 – 18:00 Novembro, decembro, xaneiro e febreiro
  • 10:00 – 19:00 Marzo e outubro
  • 10:00 – 21:00 Abril, maio e setembro
  • 10:00 – 22:00 Xuño, xullo e agosto

CENTRO DE INTERPRETACIÓN

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz ocupa a única edificación existente no interior da fortaleza e tres módulos anexos construídos expresamente para servizos complementarias.

Os paneis informativos situados na 2ª planta do edificio principal facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza da Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas. Igualmente, a ocupación francesa en 1809 e os posteriores usos industriais e agrarios iniciados tras o proceso desamortizador de 1860 completan a evolución deste espazo fortificado, declarado Ben de Interese Cultural en 1995.

A planta baixa do Centro de Interpretación está acondicionada para a realización de talleres didácticos cos grupos de escolares

Pódese visitar os fins de semana e festivos (de febreiro á Ponte da Constitución):

Horarios:

  • Horario inverno: 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00

  • Horario verano: (15/06 ao 15/09): 11:00 – 14:00 e 18:00 – 21:00

Taxa de acceso:

  • 1 € adulto

  • 0,50 € menores de 14 años

  • De balde o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).