Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 26 de maio coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas.
Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha
do martes 21 ao domingo 26 de maio