{"id":17471,"date":"2024-06-11T19:00:21","date_gmt":"2024-06-11T17:00:21","guid":{"rendered":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/?p=17471"},"modified":"2024-06-11T19:05:31","modified_gmt":"2024-06-11T17:05:31","slug":"este-sabado-15-de-junio-tendra-lugar-el-escape-room-de-eureka-reto-rural-para-sumergirse-en-la-esencia-marinera-de-a-guarda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/este-sabado-15-de-junio-tendra-lugar-el-escape-room-de-eureka-reto-rural-para-sumergirse-en-la-esencia-marinera-de-a-guarda\/","title":{"rendered":"Este s\u00e1bado 15 de xu\u00f1o ter\u00e1 lugar o escape room de Eureka Reto Rural para mergullarse na esencia mari\u00f1eira da Guarda"},"content":{"rendered":"<p>Aventura, historia e cultura mesturaranse para mergullarse no pasado mari\u00f1eiro da Guarda nun novo desaf\u00edo de \u2018Eureka Reto Rural\u2019, unha iniciativa posta en marcha por EuRural e o Xeodestino R\u00eda de Vigo e Baixo Mi\u00f1o a trav\u00e9s da que se est\u00e1n a realizar xogos de escapismo tem\u00e1ticos ao aire libre, de forma dixital e para todos os p\u00fablicos. Un proxecto que permite ir percorrendo o territorio para descubrir a riqueza dos 14 concellos do territorio dun xeito ameno, divertido e orixinal.<\/p>\n<p>Este s\u00e1bado 15 de xu\u00f1o A Guarda acolle un novo encontro no que as persoas participantes ter\u00e1n a oportunidade de explorar a Casa do Pescador, un lugar emblem\u00e1tico que revela moitos aspectos da vida dunha vila mari\u00f1eira. A historia dos diques, fundamentais na protecci\u00f3n da vila; a atalaia dende onde os vixiantes protex\u00edas as costas; a importancia da xente do mar ou das cet\u00e1reas e a rica gastronom\u00eda guardesa ser\u00e1n outros aspectos que o p\u00fablico ir\u00e1 descubrindo durante o percorrido.<\/p>\n<p>O escape room partir\u00e1 \u00e1s 20.00 horas do Auditorio de San Benito nunha ruta circular de dificultade moderada e accesible. <strong>As persoas que desexen participar <a href=\"https:\/\/riadevigobaixomino.gal\/eureka\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">deber\u00e1n inscribirse<\/a> de forma individual a trav\u00e9s do formulario habilitado<\/strong> na web do Xeodestino R\u00eda de Vigo e Baixo Mi\u00f1o e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompa\u00f1ados dunha persoa adulta. Ademais de poder realizarse o d\u00eda de estreo, o escape room permanecer\u00e1 aberto ao p\u00fablico durante un mes a trav\u00e9s da web do Xeodestino R\u00eda de Vigo e Baixo Mi\u00f1o para que calquera persoa poida desfrutar da experiencia.<br \/>\nSandra Gonz\u00e1lez, presidenta da Asociaci\u00f3n de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural, convidou a todas as persoas a participar nestes xogos de escapismo ao aire libre, \u201cunha oportunidade \u00fanica para conectar co noso patrimonio, fomentar un turismo sostible e promover o co\u00f1ecemento do noso territorio dunha forma orixinal e entretida. As persoas que participan non s\u00f3 viven unha emocionante aventura, sen\u00f3n que ao rematar levan consigo un anaco da nosa cultura e tradici\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>Como sinala o alcalde da Guarda, Roberto \u00c1lvarez Carrero, \u201cesta iniciativa pon en valor o noso patrimonio mari\u00f1eiro mediante un xogo que permitir\u00e1 a veci\u00f1anza e visitantes descubrir con maior profundidade a cultura mari\u00f1eira, que \u00e9 a esencia de como se formou a nosa vila. As r\u00faas, as casas e a econom\u00eda xiraron arredor ao porto\u201d. \u201cEsta actividade ser\u00e1 moi interesante e divertida, percorrendo r\u00faas e recunchos do noso porto pesqueiro, polo que convidamos a todas as persoas interesadas a inscribirse para este s\u00e1bado\u201d, anima o rexedor.<\/p>\n<p>O equipo que consiga superar a proba no menor tempo posible ga\u00f1ar\u00e1 unha experiencia para descubrir a paisaxe natural de Prado, en Gondomar, con cea degustaci\u00f3n e aloxamento na Lonquexa do Ga\u00f1\u00e1n. Ademais, entre todas as persoas participantes o Concello da Guarda sortear\u00e1 un lote de produtos de degustaci\u00f3n do mar valorado en 150 euros.<\/p>\n<p>\u00c9 importante lembrar que ser\u00e1 unha fin de semana chea de escape rooms no territorio. Xunto coa cita na Guarda o s\u00e1bado 15, o domingo 16 de xu\u00f1o temos outro encontro en Mos para descubrir os segredos da Festa da Rosa tras adiarse a data inicial prevista por mor da choiva. O escape room de Mos sair\u00e1 \u00e1s 11.00 horas do Pazo de Mos.<\/p>\n<p>As seguintes datas, concellos e tem\u00e1ticas dispo\u00f1ibles tras A Guarda ser\u00e1n:<br \/>\n\u2022 16 de xu\u00f1o. Mos. \u2018Festa da Rosa\u2019.<br \/>\n\u2022 22 de xu\u00f1o. O Porri\u00f1o. \u2018Antonio Palacios\u2019.<br \/>\n\u2022 30 de xu\u00f1o. Oia. \u2018O mosteiro de Oia\u2019.<br \/>\n\u2022 6 de xullo. Gondomar. \u2018O Conde no Cami\u00f1o\u2019.<br \/>\n\u2022 12 de xullo. O Rosal. \u2018O sector vin\u00edcola\u2019.<br \/>\n\u2022 14 de xullo. Fornelos de Montes. \u2018Festa gastron\u00f3mica da carne do Su\u00eddo e da Chanfaina\u2019.<br \/>\n\u2022 20 de xullo. Tomi\u00f1o. \u2018Cami\u00f1o da Nosa Se\u00f1ora do Norte\u2019.<br \/>\n\u2022 27 de xullo. Pazos de Borb\u00e9n. \u2018A emigraci\u00f3n: As casas indianas\u2019.<br \/>\n\u2022 14 de agosto. Soutomaior. \u2018Mar\u00eda Vinyals\u2019.<br \/>\n\u2022 20 de setembro. Redondela. \u2018A historia da nosa vila\u2019.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/riadevigobaixomino.gal\/eureka\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Toda a informaci\u00f3n pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro est\u00e1n dispo\u00f1ibles na web do Xeodestino R\u00eda de Vigo e Baixo Mi\u00f1o.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aventura, historia e cultura mesturaranse para mergullarse no pasado mari\u00f1eiro da Guarda nun novo desaf\u00edo de \u2018Eureka Reto Rural\u2019, unha iniciativa posta en marcha por EuRural e o Xeodestino R\u00eda de Vigo e Baixo Mi\u00f1o a trav\u00e9s da que se est\u00e1n a realizar xogos de escapismo tem\u00e1ticos ao aire libre, de forma dixital e para<\/p>\n<div class=\"padding-top text-center\"><a href=\"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/este-sabado-15-de-junio-tendra-lugar-el-escape-room-de-eureka-reto-rural-para-sumergirse-en-la-esencia-marinera-de-a-guarda\/\" class=\"atbtn atbtn--medium atbtn--rounded atbtn--transparent\">Leer m\u00e1is<i class=\"atbtn__icon atbtn__icon--right fa fa-long-arrow-right\"><\/i><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":17472,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-17471","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas-turismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17471","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17471"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17471\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17480,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17471\/revisions\/17480"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17472"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17471"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17471"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.turismoaguarda.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17471"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}