Hai unhas semanas que finalizou Tapearte, a ruta de tapas que se celebrou durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño.

Na ruta participaron 23 restaurantes e bares do Concello da Guarda e cada un ofreceu a súa tapa a 2 €. Ademais buscouse potenciar o concepto de ruta polo que os participantes dispuxeron dun pasaporte co relatorio dos establecementos adheridos e organizouse o Concurso da Mellor Tapa de TAPEARTE 2017. Os participantes foron os responsables de valorar as tapas no pasaporte que despois depositaron na urna.

Tras revisar os preto de 200 pasaportes e contabilizar todas as puntuacións xa se pode nomear ao Restaurante LA PIZZICATA como o gañador do Concurso á Mellor Tapa de TAPEARTE 2017 e o Restaurante XANTAR ten o recoñecemento ao establecemento que serviu o maior número de tapas.

Para incentivar aos participantes a realizar a ruta ofreceuse un premio directo aos que entregaran o pasaporte con un mínimo de 15 selos. O premio é un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró e nesta edición 32 persoas recibirán o seu agasallo.

Ademais o xoves 6 de xullo tivo lugar no Concello o sorteo dos 18 premios para todos aqueles pasaportes que tiñan un mínimo de 7 selos. Este é o listado de premiados:

1ª mochila: Gema Pérez Lomba

2ª mochila: Alfonso González Alvárez

3ª mochila: José B. Pérez Alonso

4ª mochila: Miguel Iglesias Montero

5ª mochila: María Concepción Alonso Pacheco

6ª mochila: Carmen Martínez Rodríguez

7ª mochila: Carlos Lima González

8ª mochila: María Jesús Baz

9ª mochila: Gonzalo González Amorin

1º mini altavoz: María José Granja Mariño

2º mini altavoz: Gloria Rodríguez Martínez

3º mini altavoz: Marta Goyás Martínez

4º mini altavoz: Iván Rodríguez Rodríguez

5º mini altavoz: Mercedes Iglesias López

6º mini altavoz: María del Carmen Lomba Vicente

7º mini altavoz: Aurea Carballo Ansia

8º mini altavoz: José Ángel Vicente Vicente

9º mini altavoz: Norma Vazquez Búa

Os premiados dos 18 agasallos do sorteo, aqueles que aínda non recolleron o seu premio directo e os dous restaurantes gañadores recibirán os correspondentes agasallos no acto de entrega que terá lugar o próximo xoves 13 de xullo ás 12.30 h no Concello da Guarda.

Un ano máis esta ruta gastronómica tivo unha excelente acollida entre veciños da Guarda e da comarca, que recoñeceron a calidade e variedade das tapas propostas.

 

Despois de 5 fins de semana o pasado domingo 18 de xuño rematou a quinta edición da ruta gastronómica Tapearte e que na que repartiron centos de tapas cada día.

Debido ao éxito de participación as urnas contan con centos de pasaportes que teñen que ser revisados. Ademais de contabilizar a valoración de cada tapa puntuada para despois coñecer os establecementos gañadores do Concurso a Mellor Tapa 2017 e por último proceder á realización do sorteo despois de validar todos os pasaportes. Este proceso leva o seu tempo polo que a Concellería de Turismo acordou trasladar a realización do sorteo xa que se atopa inmersa na organización e promoción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

En definitiva o resultado do sorteo dos premios e do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte nas dúas categorías trasladase ao xoves 6 de xullo, data na que se publicarán os gañadores ademais de informarase telefonicamente.

Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. Patrocina: DISRAMO

 

Gran mesa coas tapas e os premios

Neste fin de semana tan importante para o deporte da Guarda continúa a ruta gastronómica de Tapearte.

Despois da excelente acollida da ruta no primeiro fin de semana esperase que os participantes continúen realizando a ruta nos 23 restaurantes e bares participantes. Esta ruta celebrase os venres, sábados e domingos ata o 18 de xuño co horario de12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.

Recorda solicitar o teu pasaporte, selar nos establecementos onde degusta a tapa e marcar a túa valoración. Deste xeito serás parte do xurado que decidirá que establecemento elabora a Mellor Tapa de TAPEARTE 2017.

En agradecemento a túa participación na ruta e no concurso poderás optar a agasallos. Haberá un premio directo aos entreguen o pasaporte con un mínimo de 15 selos, o premio é un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró e terán que recollelo na Oficina de Turismo. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados nas urnas e que conteñan os datos de contacto completos e un mínimo de 7 selos. Haberá urnas para depositar os pasaporte nos establecementos adheridos e na Oficina de Turismo do Concello.

Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. Patrocina: Disramo.