Tag: santisimo

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente e de modo espontáneo, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus no pobo da Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Asemade, a Asociación amósase moi satisfeita pola gran acollida da exposición “Alfombras da Guarda” que continuará aberta ata o próximo domingo día 23. Ata o momento, achegáronse máis de 500 persoas a visitala e agárdase que a afluencia de xente continúe ata a data de remate.

Por esa razón, dende a “Asociación Cultural Alfombras da Guarda”, convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas.

Despois de 5 fins de semana o pasado domingo 18 de xuño rematou a quinta edición da ruta gastronómica Tapearte e que na que repartiron centos de tapas cada día.

Debido ao éxito de participación as urnas contan con centos de pasaportes que teñen que ser revisados. Ademais de contabilizar a valoración de cada tapa puntuada para despois coñecer os establecementos gañadores do Concurso a Mellor Tapa 2017 e por último proceder á realización do sorteo despois de validar todos os pasaportes. Este proceso leva o seu tempo polo que a Concellería de Turismo acordou trasladar a realización do sorteo xa que se atopa inmersa na organización e promoción da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

En definitiva o resultado do sorteo dos premios e do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte nas dúas categorías trasladase ao xoves 6 de xullo, data na que se publicarán os gañadores ademais de informarase telefonicamente.

Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. Patrocina: DISRAMO

 

Gran mesa coas tapas e os premios