Achégase un novo fin de semana no que haberá festas relixiosas, música e deporte xa comezando este xoves 22, véspera de festivo local cun novo concerto de “Música nas Prazas”. O grupo guardés “SONGODIN’S” ofrecerá as súas versións de música pop na Praza de Salcidos ás 21h.

O venres 23 celebrarase a Romaría de Santa Trega coa celebración das misas rezadas ás 8.00h, 9.00h e 10.00h e a misa solemne e procesión ás 11.00h. Despois as tradicionais puxas de Santa Trega e a continuación as familias reuniranse para xantar ó aire libre no monte.

A partir das 18.00 horas unha nova edición da Festa da Zorza terá lugar na praza de Seixiños no barrio da Gándara. Os participantes poderán degustar a zorza ata a media noite mentres un grupo de gaitas ameniza a festa. Para rematar elaborarase a tradicional Queimada que se repartirá entre todos los asistentes.

Para o sábado 24 está prevista unha foto-ruta polo Esteiro do Miño que será guiada por Tamara Alonso como fotografa profesional e como guía medioambiental Manu Sobrino. Esta actividade está organiza por A Jalleira.

A tarde do sábado estará adicada o deporte coa carreira pedestres “Julia Vaquera” dentro da programación das Festas da Virxe das Mercedes e pola noite volverá a música a praza do Seixiños cunha animada verbena.

O domingo 25, día da Virxe das Mercedes, se celebrará a misa solemne ás 12.00 horas e o entretemento continuará ás 17.00 h cos xogos populares e ás 19.30h pechará a programación destas festas co concerto folk do recoñecido grupo “PELEPAU”.

1virxe-mercedes2-romeria-santa-trega 3