Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras florais, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades.

Programación por días

VENRES 21:

Na xornada deste venres Cruz Vermella organiza unha obra de teatro que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Neste caso a Compañía «Os Mellores do ghrupo» de Oia representa a obra «O Veleno, ¿Só ou con leite?».

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 22:

A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o verán e o remate do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado día 22 de xuño ás 11:30h da mañá.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Este sábado celebrase tamén as Festas de San Xoán na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.

DOMINGO 23:

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda, ás 12:30 a Igrexa de Santa María acolle a Misa Solemne e a partires das 13:00h sairá a procesión que percorrerá as 10 rúas que se engalan de flores para esta ocasión coas Alfombras Florais. Dende a “Asociación Cultural Alfombras da Guarda”, convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas dende a noitiña do sábado.

Para rematar esta fin de semana a Asociación Veciñal das Parroquias da Guarda organiza unha gran Fogueira de San Xoán no Antigo Estadio do Tecla, con cantina con oferta gastronómica a prezos populares, amenización a cargo de grupos de gaita e baile da zona a partires das 20:00h e ás 22:00h prendido da fogueira.