Os bares e restaurantes participantes amosaron hoxe as súas creacións, que poderán degustarse as fins de semana dende o 18 de maio ata o 3 de xuño | Os «ruteiros» poderán conseguir premios directos e participar no sorteo dun ‘smartphone’ Samsung Galaxy 7J.

A Casa dos Alonso acolleu esta mañá a presentación da sexta edición da ruta gastronómica «Tapearte», que se celebrará na Guarda os venres, sábados e domingos dende o 18 de maio ata o 3 de xuño. Ao acto de presentación acudiron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes; e representantes dos 19 establecementos hostaleiros participantes: Alameda, Art Café, Bitadorna, Boc & Pix, Camping Santa Tecla, Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella’s, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella, Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Xantar, Xeito e Y la luna?.

Os hostaleiros e hostaleiras guardesas aproveitaron o encontro para amosar cadansúa tapa, que ofertarán a un prezo unitario de 2€ (bebida non incluída) durante tres fins de semanas consecutivas. Os e as comensais poderán degustar dende un volován recheo de marisco ata un salteado de arroz e verduras ou unha hamburguesa «patagónica» de peixe espada. Unha variedade de tapas «do máximo nivel», capaz de conformar aos padais máis exquisitos.

O rexedor local lembrou durante o encontro que a ruta nace co obxectivo de potenciar a «excelente gastronomía local» e promocionar as populares alfombras florais que se realizarán no casco antigo da vila durante a noite do 2 de xuño. Segundo engadiu Lomba, esta nova edición da ruta contará cun horario ampliado par a degustación dos pratos, que será de 12:00 a 14: 00 h e de 19:00 a 22:00 h, atendendo ás peticións dos hostaleiros.

Agasallos para os «ruteiros»

Os «ruteiros» e as «ruteiras» contarán cun pasaporte no que, ademais de atopar a información detallada sobre cada unha das tapas, poderán selar aquelas que xa teñan degustado e participar no sorteo dun smartphone Samsung Galaxy 7J. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas que estarán dispoñibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán como agasallo directo un lote de viño Pazo de Seoane da Adega Lagar de Fornelos (O Rosal).

Os participantes na ruta como comensais poderán, ademais, valorar a calidade das tapas consumidas. Froito desta valoración, a organización anunciará aos gañadores do Concurso da Mellor Tapa «Tapearte 2018», con premios en dúas categorías: a tapa mellor valorada e a preparación máis consumida.

El pasado jueves, 16 de noviembre, el salón de exposiciones del Centro Cultural acogió la presentación de la ruta «Petiscos con arte», una iniciativa en la que se mezclan el arte y la gastronomía guardesa en pequeño formato. En el acto, representantes de los establecimiento y artistas participantes enseñaron una muestra de sus obras artísticas y degustaciones, de las que se podrá disfrutar los días 17, 18, 19, 24, 25 y 26 de noviembre.

Presentación de la nueva ruta

La concejala de Turismo, Montserrat Magallanes, fue la encargada de dar comienzo al acto de presentación de este nuevo recorrido gastronómico, agradeciendo la implicación de las 15 cafeterías y restaurantes en esta iniciativa, que permite a las vecinas, vecinos y visitantes disfrutar de nuestra gastronomía en forma de ‘petiscos’ a un precio único de 1,5€ la unidad.

La concejala presentó el vídeo promocional de esta ruta, en el que se puede contemplar una parte de las exposiciones de fotografía, pintura y escultura que se pueden contemplar durante esta última quincena de noviembre en los locales participantes.

Por su parte, el alcalde del Concello da Guarda, Antonio Lomba, aprovechó el acto para agradecer la participación y el compromiso de los artistas y hosteleros participantes. “Hay una característica común a las sociedades que menos rápido se desarrollan y otra común a las que lo hacen más rápido. En las primeras, cuando alguien emprende un proyecto y despunta, es objeto de críticas. En el segundo caso, son objeto de ánimo y aplauso”, expuso el regidor local. En esta línea, aseguró Lomba, “tenéis todo nuestro aplauso por vuestra actitud emprendedora y proactiva”.

El alcalde quiso felicitar, también al departamento de Turismo por su trabajo y esfuerzo organizativo,ó  así como al departamento de comunicación, por la dedicación en su difusión. “Sabéis que siempre vais a tenernos a vuestro lado para trabajar juntos; para crecer juntos”, concluyó Lomba.

Características de la ruta

Las personas interesadas en realizar el recorrido disponen de un folleto informativo en el que se recogen los establecimiento participantes, con una fotografía y descripción del ‘petisco’ ofertado y una breve referencia al artista y las obras que se pueden contemplar en cada local.

 

El recorrido gastronómico se celebra los viernes, sábados y domingos de esta segunda quincena de noviembre, comenzando el viernes 17 de noviembre y hasta el próximo domingo, 26 de noviembre. Los ‘petiscos’ pueden degustarse de 12:00 a 14:00 horas y de 18:00 a 21:00 horas.

Cada participante en la ruta a modo de comensal recibirá una papeleta con la podrá participar en el sorteo de 5 lotes de vino albariño de Adega Gran Novás, colaboradora en esta iniciativa gastronómica. Para participar en el sorte, que se celebrará el próximo 29 de noviembre, solamente será necesario degustar un ‘petisco’ y, posteriormente, cubrir y depositar el boleto debidamente cumplimentado en los buzones disponibles en cada uno de los locales participantes.

Asistentes al acto de presentaciónn

Al acto asistieron los artistas Carlos Pascual, Charo Trigo, Elena Cividanes, Teresa Dorado, Naa Martiinez, Anxo Ferreira y Mercedes Doval, cada uno de ellos acompañado de una de las obras que se pueden contemplar en los locales de la ruta. Por parte de los establecimientos participantes, asistieron los representantes del bar Cramoeiro, la cafetería Novo Bar, y los restaurantes O Cangrexal, Xeito y Xantar, cada uno de ellos con una muestra de su ‘petisco’.

De este modo, apoyaron con su presencia el inicio de esta nueva iniciativa gastronómica y artística, con la que se busca dar una mayor visibilidad al trabajo que realizan los hosteleros guardeses en la promoción de la gastronomía, y a los artistas locales y de nuestro entorno, mostrando su talento y el arte en nuestro pueblo.

O Concello da Guarda organiza este mes unha nova ruta gastronómica na que se mesturará a arte coa gastronomía guardesa en pequeno formato. «Petiscos con arte» é o nome deste percorrido gastronómico, que se celebrará os días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro, e no que cada establecemento ofrecerá un petisco a 1,50€.

A finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar os bocados mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, en horario de mañá (de 12 a 14 h) e tarde (18 a 21 h).

Artistas e locais participantes

Participarán un total de 15 cafeterías e restaurantes guardeses e outros tantos artistas locais ou con vinculación ao noso concello. Estes son: a cafetería Alameda, con fotografías de Eva Peixoto; a cafetería Art Café, con fotografías de Carlos Pascual; a cafetería e tasca As Pozas, con exposición fotográfica de Iago Alonso; a vinoteca Avenida, cunha mostra pictórica de Elena Cividanes; a bocatería Brétema, con escultura de Carlos Carrera; o bar Cramoeiro, con pinturas de Silvia Represas; a cafetaría Kanella’s, con fotografías de Eva García; a cervexaría La Casilla, cunha mostra pictórica de Lucía Baz; o restaurante La Pizzicata, con fotografías de José C. Castro; a bocatería Marbella, coas pinturas de Naa Martínez; a cafetaría Novo Bar, con esculturas de Anxo Ferreira; o restaurante O Cangrexal, con pintura de Teresa Dorado; o bar Terra Verde, cunha exposición fotográfica de Anxo Vaquero; o restaurante Xantar, cunha mostra pictórica de Mercedes Doval; e o restaurante Xeito, con pinturas de Charo Trigo.

Nesta ruta colabora a Adega Gran Novás, participante na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cederá 5 lotes de viño albariño para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.

 

O Concello porá a disposición do público folletos informativos coa descrición de cada un dos petiscos ofertados, incluíndo unha fotografía deste e información sobre a exposición que se poderá contemplar en cada un dos establecementos.

O Concello da Guarda promoverá este outono unha nova ruta gastronómica na que se mesturarán as exposicións de arte coa gastronomía guardesa en pequeno formato.

“Petiscos con arte” será o nome da ruta, que se celebrará os venres, sábados e domingos das dúas últimas fins de semana do mes de novembro. A súa finalidade é promocionar a gastronomía e a creación artística na na nosa vila, de xeito que os participantes poderán degustar petiscos mentres contemplan as obras de artistas locais ou con vinculación ao noso Concello expostas nos locais durante a celebración da ruta.

Con todo, o Concello da Guarda convida aos artistas da localidade e dos arredores a expor a súa arte nalgún dos establecementos que participarán na ruta. As persoas que desexen participar deberán contactar coa Oficina de Turismo Municipal no teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es, indicando o seu interese na mostra ata este venres 20 de outubro.